O nome e as demarcacións da
Ribeira Sacra

======== O ========



A expresión Ribeira Sacra, como nome dunha realidade xeográfica das provincias de Ourense e Lugo, é hoxe sobradamente coñecida e, sen embargo, non significa o mesmo para todos os falantes. Poderíase pensar que hai varias Ribeira Sacra. Sobresaen, de entre elas, dúas extremas: unha histórico-cultural e outra turístico-comercial. A primeira tería unha extensión de 400 ou 500 km2 (a área aproximada correspondente as ribeiras duns 25 km. do rio Sil) e a outra ocuparía 2.557 km2 (a extensión dos 21 concellos asinantes de, por exemplo, o Consorcio de Turismo).

Ata ai 100 anos coñecíase como Ribeira Sacra as ribeiras do río Sil, no seu tramo derradeiro antes de casar co Miño, cunha longura de pouco máis ca do seu canón. En tempos, aquelas escarpadas ribadas que encaixonan ao rio e aquelas paraxes agrestes e solitarias acolleran a eremitas e anacoretas. O inhóspito medio fórase salpicando de ermidas e oratorios que, co tempo, ou desapareceron ou evolucionaron a pequenos cenobios ou a grandes mosteiros. En moitos casos, magnos e artísticos mosteiros ocupados durante varios séculos ata o seu abandono en 1836 por mor da famosa desamortización. Por eso se consideraba que fora, ou era, unha ribeira sagrada, a Ribeira Sacra.

Hoxe, para algúns, a denominación é basicamente unha marca, vinícola e turística, que abrangue unha superficie que multiplica por 5 ou 6 veces á anterior.

Unha explicación de como se chegou a esta disparidade e de como cómpre entender as distintas demarcacións é o obxectivo deste traballo.

© M.D.Q. - Novembro, 2018

ÌNDICE


MAPA INTERACTIVO:

TEXTOS:
Cap. 1.-
Cap. 2.-
Cap. 3.-
Cap. 4.-
Cap. 5.-

Anexo 1:
Anexo 2:
Anexo 3:

VIDEO:

Canón do Sil San Estevo
Cl. San Estevo Sta Cristina Embarcadoiro