A futura estación do AVE

Cando en 1952 se inaugurou a estación do ferrocarril de Ourense-Empalme as cousas eran moi distintas das de agora. A poboación non opinaba e, aínda que así fose, todos haberían dado por bo o emprazamento da estación. Viña quedando nun extremo da cidade y só quedaban fóra, e dicir, por detrás dela, uns cantos núcleos periféricos. Agora é distinto. A cidade medrou e todo o redor de dita estación está ocupado por zona urbana. Por iso, neste momento, cando se conta coa chegada do ave e a reestruturación de

A primeira solución pasa por derrubar este entrañable edificio. A segunda, respétao.
todas as instalacións é o momento de corrixir os imprevistos do pasado. Ourense, e A Ponte, non poden ter aí ese encordio cortando rúas, impedindo o paso, coutando a convivencia. Ata aquí todos de acordo. O malo é cando se propoñen as solucións que habían de solucionar o problema.

Hai basicamente dúas opinións ou propostas para “esconder” esas vías: unha, cubrilas; outra, soterralas. E dicir, no primeiro caso facer un gran caixón que tape o que hai buscándolle algunha utilidade á parte superior dese caixón. E, no segundo caso, enterrar todo debaixo da chaira actual das vías e deixar esta chaira limpa para facer nela estradas, rúas e paseos, xardíns, prazas, ¡o que se queira!
Habería, por exemplo, a posibilidade de prolongar (e unir) todas e cada unha das rúas que hoxe "morren" no eixo Av. de Marín - Gómez Franqueira, por un lado, e na rúa Río Arnoya, por outro. Completaríase un entramado de rúas que hoxe está chafado e que co cubrimento tampouco se podería facer.

A primeira solución é o proxecto do Concello e do Ministerio de Fomento. A segunda é unha iniciativa da CEO, da Cámara de Comercio, asociacións veciñais e outros organismoS. É tamén a alternativa que mellor ve a Xunta de Galicia.

A solución do Concello non está mal. Sobre todo se se compara co que hai. Non hai dúbida que sería un parche para a actual desfeita. Pero... non queremos parches. Quédanse á metade do camiño. Non é a solución ideal nin a que resolva o problema para sempre. Se se leva a cabo lamentaremos toda a vida que non se tivera máis arranque e máis decisión. Incluso os que hoxe a defenden acabarían recoñecendo non ter estado a altura das circunstancias, pero, entón, xa sería tarde. Se non se aproveita a oportunidade deste momento haberá que dicir (aproveitando a metáfora) que “perdemos o tren”.


Se se cubren as vías, aquí na rúa Río Arnoya ¿que vai haber? ¿Outro lateral do "caixón"?
Se algunha persoa non o ten aínda claro propóñolle un exercicio de imaxinación: vaia paseando pola avenida de Marín. Desde alí pode ver a propia avenida coas súas edificacións, un murete (con reixas) que separa da estación, detrás deste murete toda a explanada das vías e uns metros máis elevados a ponte da avenida de Santiago que pasa por encima. Por ben, agora imaxine as dúas solucións:

1.- Onde está ese murete habería un muro (sexa muro cego ou con usos, iso tanto ten) e na cima dese muro unha plataforma unida á ponte da avenida de Santiago.

2.- O murete desaparece e as vías tamén (porque pasan a ir por debaixo). Queda toda a extensión que hoxe se pode ver exactamente igual pero sen vías. ¿Pódelo imaxinar?

É certo que a segunda solución é máis custosa. Máis que nada porque esta actuación abarcaría máis espazo que o exclusivo da estación xa que, 2 ou 3 Kms. antes e despois, habería que ir afondando progresivamente as vías para abaixalas á cota adecuada. Pero ese custe hai que valoralo en termos de futuro. ¿Paga a pena? Eu coido que si, sen lugar a dúbidas. (Aparte diso hai que considerar que tanta superficie liberada pode axudar a financiar a obra.)



Toda esta superficie debería seguir aí pero sen vias, nin trenes, nin infraestructuras, que estarían debaixo, como nas cidades modernas. (Amplía as fotos para que che "se faga a boca auga" vendo parte do espazo que se podía liberalizar.)

Así poderia quedar a estación se se acepta a proposta dos empresarios. (Fai clic para ampliar, como nas demais fotos) Imaxina que se suprime ese muro e todo o que hai detrás queda expedito ata a rúa Alejandro Pedrosa.


Non é este o lugar de aportar detalles. Para elo pódense ver os dous vídeos que reproduzo a continuación, un do Concello e outro da Cámara(1), así coma enlace a informacións de La Región e La Voz de Galicia.
(1).- ¡Atención! ¡Ollo! Empezan dicindo as mesmas frases e pregoan as mesmas proclamas, pero logo os compromisos son totalmente distintos.





La Región, 16-Febreiro-2011

La Voz de Galicia, 25-Febreiro-2011

La Voz de Galicia, 26-Febreiro-2011

O soterramento permitiría recuperar vellas rúas, hoxe tronzadas, e abrir varias novas comunicadas entre si. Ver

S A Í R



Febreiro, 2011