As 12 Comarcas da Provincia de Ourense


 Axuda de uso     A información sobre as comarcas está contida en 12 fichas independentes. Accédese a elas desde esta pantalla inicial, premendo, ben no zona correspondente do mapa ou ben no nome da comarca da taboa de datos.

A información contida nestas fichas trata de ser concisa e precisa, pero intencionadamente breve dadas as características deste medio. Entendemos que abonda con que sexa un acicate para que as persoas interesadas busquen en medios máis enciclopédicos.

Obsérvese que no mapa adxunto hai a opción de ver os nomes dos Concellos.

Os datos dos PIBs comarcais foron facilitados polo IGE e corresponden ao ano 2016

As abreviaturas FITI, FITN e FIT dos apartados de "Festexos" significan, respectivamente, "Festa de Interés Turístico Internacional", "Festa de Interés Turístico Nacional" e "Festa de Interés Turístico".


Dende 1997 as provincias galegas están, administrativamente, divididas en Comarcas en virtude do Decreto da Xunta 65/1997, do 20 de Febreiro, que aprobou o Mapa Comarcal.de Galicia.
Este Decreto foi redactado en aplicación da Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal.
A configuración das comarcas como unidades supramunicipais determina que cada Comarca agrupe un número determinado de Concellos. Estos, á súa vez, estan divididos en Parroquias. (A parroquia é en Galicia e Portugal -alí "freguesía"- a unidade básica administrativa. É un concepto civil, independente da idiosincrasia que ten no ámbito relixioso.)

En consecuencia, a Comunidade Autónoma ten en total 53 comarcas, correspondendo 18 á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 10 á de Pontevedra e 12 á de Ourense.




Comarcas da Provincia de Ourense
Comarca Superficie
(KM2)
Habitantes
(2019)
Nº de
Concellos
Dens. Poboac.
Hab/Km2
Allariz-Maceda    382,15    14.083   6  36,85
A Baixa Limia    530,3     7.930   5  14,95
A Limia    801,9    20.658 11  25,76
O Carballiño    548,4    26.585   9  48,48
Ourense    623,14 143.83312230,82
O Ribeiro    406,95    15.80810  38,85
Terras de Caldelas    313,25     2.789   4    8,90
Terra de Celanova    508,86    17.62010  34,62
Terra de Trives    431,71      3.924   4    9,09
Valdeorras    972,7    25.500  9  26,22
Verín 1.006,6   25.217   8  25,05
Viana    746,32     5.682   4     7,61
TOTAIS7.272,28 307.65192   42,30

O PIB da Provincia, no ano 2016, foi de 6.102.599 miles de €.
o que equivale a unha media por habitante (Renta per Capita) de 19.489 €.

Fai clic nunha das comarcas

CARTA-PREFACIO AOS MEUS SEGUIDORES.-

      Ola amigo:

      Non hai dúas comarcas iguais. Ao mellor a diferenza (iso que as fai únicas e distintas) é algo moi sutil, difícil de ver, pero o caso é que cada comarca ten a súa propia personalidade. Como me gustaría a mín poder apresala e transmitila! Pero iso non é nada doado. Eu podo reflectir datos, exhibir cifras, describir accidentes xeográficos, enxalzar paisaxes e explicar comportamentos humanos, pero o retrato sempre será incompleto, sempre lle fallará a emoción da vivencia. E iso sen contar coa subxectividade de cada quen.

===   Segue a ler   ===

      Aínda así, consciente das limitacións, vou intentar cando menos uns rudimentarios bosquexos. En consecuencia, en 12 capitulos ou fichas, achegarei unha información constituída por uns feixes de pistas, indicios ou pegadas, a saber: Concellos integrantes, lindes e situación, superficies, habitantes, número de parroquias e datos macroeconómicos, amais duns trazos ou riscos xerais. Para complementar ese esbozo aporto tamén unhas referencias sobre "Monumentos", "Feiras" e "Festas". Direiche o porqué.

      Os Monumentos históricos, á parte do seu valor intrínseco, son vestixios da Historia da Comarca e, probablemente, aínda que non se poida comprobar, tiveron a súa influencia nos comportamentos das colectividades do pasado, precedentes das do presente. E hoxe aí están (máis ou menos coidados) prestixiando a súa contorna.

      As Feiras, se ben é certo que non son coma as feiras de hai unhas decadas onde predominaban as transacións de gando, seguen a se celebrar mes tras mes coma un acatamento da tradición. Algunhas van desaparecendo, pero as que quedan fálannos dunha economía de subsistencia propia de tempos pasados e que, sen embargo, aí, na feira, segue presente. Sen esquecer o seu compoñente social e gastronómico: A feira ven ser un instrumento social para veciñanzas espalladas.

      En canto ás Festas hai que recordar que case tódalas parroquias seguen a celebrar a súa festa patronal. Á parte son numerosas aquelas que poderíamos chamar tradicionais (Magostos, Maios, Nadal, etc). Amais disto é ben coñecido o degoro dos últimos tempos por organizar festexos do tipo máis variado: festas gastronómicas, vitivinícolas, históricas, deportivas, musicais, teatrais... Todo isto indícanos que detrás de todas estas celebracións hai unha poboación (ou cando menos unha maioría) á que todo iso lle vai. Sería moi arriscado xuzgar a unha colectividade polas súas festas, pero hai que admitir que tanto a frecuencia coma o tipo de festexos algo quererán dicir. (Na provincia de Ourense hai 24 acontecementos anuais declarados como "Festa de Interese Turístico". Vinte, pola Xunta e catro, polo Goberno Central. Destes hai tres co cualificativo de Nacional e un - o Introido de Xinzo - co de Internacional.)

      Moito me alegraría que todo isto che chistase. Grazas por me seguir e saúdos.

M. D. Q.



Lista de Comarcas

Cerrar