MEMORIA DE OURENSE    


Diagonal



"Xoán XXIII" (chamada diagonal pola súa traza no plano) foi a última rúa en abrirse no nucleo central da cidade. Foi onte, coma quen di, ó redor de 1959.

Dela hai que destacar dúas particularidades:
1ª.- Cando parecía que o centro xa estaba feito e rematado abríuse esta vía entre o Parque de San Lázaro e a Rúa do Progreso xerando unha chea de solares totalmente céntricos que ata entón non exitían.

2ª.- Tiveron o atino de darlle unha anchura novedosa para o Ourense de entón.

Estas dúas circunstancias, e por mor das alturas e os volumes de construcción, propiciaron soterradas guerras burocráticas a tres bandas: Constructores, Concello e Delegación da Vivenda.

O conxunto de avatares, expedientes e pleitos que se produciron podería ser o fondo ou ambientación dunha novela que quixese tratar o "desarrollismo" urbano-franquista daqueles anos.

Anterior Índice Seguinte

© M.D.Q.-2007