OURENSE -EVOLUCIÓN URBANA  (1)

 

1-A enumeración do ano ha de entenderse como meramente orientativa pois hai eventos que transcurriron nun proceso máis ou menos dilatado no tempo.

2.- En xeral, danse os nomes actuais das rúas para a súa mellor  identificación.

 

1213-1248.- Goberno do bispo D. Lourenzo: remate da Catedral (inda que non o definitivo), arranxo da Ponte Vella (que estaba inutilizable) e ampliación urbanística (que conservará os lindeiros ata o s. XIX).

S. XIII-XIV.- Construcción convento S. Francisco, ó leste,  nas aforas da cidade. (En susbstitución doutro anterior, en Cimadevila, que fora queimado.)

-----------------------------

1432.- Cae –outra vez- a Ponte do Miño. Durante as obras de restauración, que duraron case todo o resto do século, para pasa-lo río había dous servicios de barca (de pago), pero nas épocas de estiaxe podíase cruzar a pe, polo vao.

1467.- A revolta Irmandiña derruba algunhas torres do Pazo Episcopal e o Castelo Ramiro, fóra da cidade.

1484.- Chegada do 1º Correxedor (enviado polo Reis Católicos).

1486.-Acondicionamento da entón chamada "Carnicería nova", hoxe Praza de S. Marcial.

1487.- Os xudeos son confinados na Rúa Nova (Lamas Carvajal).

1499.- O Concello compra terreos para recreo público no que dispois sería Alameda do Cruceiro .

Ó longo de todo o século XV fóranse construíndo ermidas en diversas campas de uso público: Posío, Portovello, Pía da Casca e San Lázaro.

-----------------------------

Comezos S. XVI.- Primeira Casa Consistorial, na Praza do Campo (Praza Maior) .

s. XVI.- Reconstrucción Abadia Trindade.

             Hospital de San Roque.

1521.- Capela dos Stos. Cósmede e Damián, cerca da Porta da Fonte Arcada.

1522.- Capela de Nª Sra. dos Remedios.

------------------------------

1628.- A xurisdición do bispo sobre a cidade, ostentada dende 1122, pasa ó rei.

1634.- Instálanse os dominicos na Corredoira (Sto. Domingo), fóra da cidade. (Levaban en Ourense máis de dous séculos, probablemente nunha casa da Rúa das Chousas.)

1636.- Id. os xesuitas na Rúa Nova (Lamas Carvajal).

1697.- Nova Casa Consistorial.

---------------------------------

S XVIII.- Desaparecen 8 das 11 portas.

1722.- Igrexa Sta. Mª Nai. Substitución do templo románico (do 1084) polo barroco actual.

1761.- Fachada da Igrexa de Sta. Eufemia.

1777.- Expulsión xesuitas. O bispado faise cargo da Igrexa (que converte en  parroquia) e mais do convento-colexio.

---------------------------

1804.- Seminario, ampliando o ex-colexio dos xesuitas. Promovido polo bispo Quevedo, o que máis tarde sería cardeal.

1833.- Cemiterio en S. Francisco.

1834.- Primeiro Teatro (hoxe Principal), na Rúa dos Zapateiros.

1835.- Exclaustración monxes de San Francisco.

1836.- Inicio obras Estrada Villacastín-Vigo. (O Progreso está rematado ó redor de 1840. O resto da estrada, en distintos tramos, en 1861.)

            As obras eliminan a ermida da Nosa Señora do Posío. A imaxe vai para un fornelo no xardín das Burgas.

1837.- Acondicionamento Rúa/Estrada de Reza, dende o Progreso.

            Derribo das 3 portas que quedaban. (Horta, Burga e Aira)

1842.- Acondicionamento Alameda do Concello.

1843.- Cárcere no Campo do Outeiro.

1845.- Fundación do primerio Instituto de Ensino, compartindo espacio co Seminario de S. Fernando.

1846.- Ponte Lebrón, cerca dos Remedios. (Leva o nome do alcalde que a promocionóu)

1848.- Primeira obra de vivendas na estrada de Vigo, no que sería Rúa do Progreso.(Ata entón alí só había talleres, garaxes, cortes e alpendres e pendellos)

1849.- O belga Manuel Malingre instala unha fundición de ferro en O Couto.

1850.- Un concelleiro (non galego) propón, e o Concello aproba, cambiar os nomes das rúas por ser antiguos (efectivamente os máis deles pasaban dos 500 ou 600 anos) e porque moitos deles estaban en galego.

 

Núcleos rurais destacados a mediados de século: Ervedelo, Ponte Pedriña, Barbaña ( logo Ponte Lebrón), Portovello, Ponte Lonea, Cabeza de Vaca, A Granxa, Rairo, …

 

1851.- Exclaustrados os monxes dominicos. Santo Domingo pasa a ser parroquia.

1860.- O Posío convértese  en Xardín Botánico.

1861.- “Barrio Novo” na Corredoira. Dende a  igrexa de Sto. Domingo ata San Lázaro.

1865.- Edificio actual Deputación.

1866-1870.- Estrada a Santiago. Dende A Ponte.

1867.- Rúa de Alba (C. Quiroga).

1873.- Travesía (lº tramo). Hoxe Paseo. Tirando algunha casa da Rúa San Miguel.

1879.- Estrada Ourense-Ponferrada (por Trives e Valdeorras).

Outras estradas (que darían lugar a caseríos y barrios novos):  Monforte,  Celanova, Cortegada, …

==============

Seguinte capitulo:

1881.- Inauguración FF.CC., en Canedo.

SAÍR