MEMORIA DE OURENSE    


A Rúa do Progreso


En 1863 inaugurouse a estrada de Villacastín a Vigo que pasaba bordeando Ourense, polas aforas, concretamente pola actual rúa do Progreso, pola Ponte Romana e, na outa beira do río, pola Avenida das Caldas. O tramo urbano, e dicir, desde o Posío ata a Ponte xa estaba rematado en 1840, catro anos despois do comezo das obras.

A apertura desta vía de comunicación foi o detonante que propiciou o despegue urbanístico da cidade. Como se por esa estrada viñeran aires renovadores varrendo a mentalidade rutineira que facía pensar que a cidade non podía saírse do seu solar.

A burguesía dos novos tempos rivalizou por adornar esa nova rúa con grandes e preciosos edificios modernistas, todos en pedra de granito, que a converteron nunha rúa de personalidade única. A ambición e a ignorancia de mediados do século XX trocou a maioría daqueles edificios por outros impersonales, de cemento, iguais ós que se poden atopar en miles de novas cidades do mundo enteiro.

Ó tempo que se abría a rúa, unha familia importante (a dos Pérez Bobo) construía nela un edificio para fábrica de tecidos. Rematada a obra en 1865, a competencia do sector fainos desistir da idea inicial e deciden arrendalo a Organismos Públicos que inda non tiñan sede. Hai que ter en conta que Ourense fora declarada capital provincial no ano 1833.
Por ese edificio pasaron a Audiencia Provincial, a Delegación de Facenda, a Deputación Provincial e o Goberno Civil. Máis tarde, en 1895, a Deputación comprouno por 200.000 Ptas.

Anterior Índice Seguinte