FESTAS MOVIBLES RELIXIOSAS

Poña o ano que desexa consultar:



Pascua
Domingo de Entroido - 49 =
Martes de Entroido - 47 =
Mércores de Cinza (Comezo da Coresma) - 46 =
San Lázaro, en Ourense (Domingo de Pasión) - 14 =
Domingo de Ramos - 7 =
Xoves Santo - 3 =
Venres Santo - 2 =
Domingo de Resurrección (Pascua) =
Ascensión (xoves) + 39 =
Pentecostés (domingo) + 49 =
Corpus Christi (xoves) + 60 =

O dia de Pascua (Domingo de Resurrección) é a data que decide e condiciona as festas movibles ou variables. Todas están en función dela. Así, por exemplo, o martes de Entroido é 47 días antes desa festividade e o dia de Corpus, 60 días despois.
Ese dia de Pascua está fixado desde o Concilio de Nicea: É o primeiro domingo despois da primeira lua chea da primavera do hemisferio norte. Pode variar entre o 22 de Marzo e o 25 de Abril. Os complicados cálculos para determinala chámanse "Computus".
Nun manuscrito chamado "Añejo", conservado na Biblioteca Vaticana, figuran as datas de Pascua desde o ano 1582 ata o 3300. O matemático Karl F. Gauss (1777-1855), foi o primeiro en establecer unha fórmula matemática para calcular as datas de calquer ano. Hoxe hai varios algoritmos matemáticos e informáticos para facelo. O que aquí ofrecemos está basado no algoritmo de Butcher, válido para os anos comprendidos entre o 1583 e o 2499. (En 1582 foi cando se cambiou o calendario xuliano polo gregoriano.)
Este programa está en moitas webs. Nós adoptamos e adaptamos coas pertinentes modificacións o existente na web http://www.valladolidcofrade.com