Manuel Domínguez Quiroga
BREVIARIO GALEGO
DO
LÉXICO CASTELÁN
LIMIAR
Propósito
Un Breviario (á parte de ser un libro de rezos do clero) pode ser o compendio dunha obra máis extensa que expón o fundamental da materia tratada. Aquí a materia é o léxico castelán e o que pretendemos é facilitar a equivalencia galega (ou unha aproximación) sen necesidade de dar unha definición completa. Vai dirixido inicialmente ao falante galego que puidera ter descoñecemento, dúbida ou inseguridade sobre algún termo castelán. (Digamos de paso que hai moitas palabras casteláns que o común dos galegos descoñece.)
Ademais, dedicado explicitamente a estudantes (e estudosos) do galego,axúntase unha segunda parte, á que chamaremos ADDENDA que será coma un apéndice de Notas Finais. Nelas, de xeito informal, iremos degrañando pequenas ideas de fonética, ortografía, semántica, etc. A xeito dunha pingueira (coloquial) non coma unha enchente (académica). Máis co ánimo de amenizar e facer levadeira a consulta que con ánimo profesoral.
En atención á inmediatez e á brevidade perseguida non se dan as definicións pertinentes como sería un dicionario descritivo. Así e todo, en casos moi determinados si que se aporta una especie de pista semántica (un simple indicio) para a identificación ou recordatorio do significado da palabra.
A obra consta de algo máis de 31.000 entradas en castelán.
Desenvolvemento
● Os artigos costan de tres partes:
1ª.- Entrada da palabra castelá. En MAIÚSCULAS.
2ª.- Categoría gramatical e, no seu caso, o tecnolecto ou a rama do saber á
que corresponde así como a categoría taxonómica cando proceda. En
cursiva.
3ª.-
As equivalencias en galego (incluíndo sinónimos). En letra normal.
Ex.: ABASTAMIENTO s.m. Abastecemento,
aprovisionamento, subministración.
ALFÓNCIGO s.m. (Bot.:Árb. Pistacia vera e o seu
froito) Pistacho.
O buscador acepta indistintamente palabras en galego ou en castelán. Logo, na marcaxe da palabra e segundo a súa posición, xa se distinguen unhas e outras.
Signos ortográficos empregados
● A barra / separa variantes galegas dunha mesma palabra cando ambas formas son admisibles.
Ex.: ABATIBLE adx. Abatible / abatíbel.
● O signo ║ separa as distintas acepcións posibles dun significado.
Ex.: ABASTO s.m. Abasto, abastecemento. ║ Abundancia, abastanza, fartura.
●
As equivalencias galegas poden estar
formadas por unha soa palabra ou por varias palabras sinónimas. Neste último
caso eses sinónimos van separados por comas (,). No caso de estar separados por
un punto e seguido (.) indica que se trata dun sinónimo relativo, é dicir, que
só o é nunha determinada acepción ou contexto, non sempre.
Ex.: ABONO (1) s.m. Fertilización. Estercadura.
ADICCIÓN s.f. Adicción, dependencia. Mono (síndrome de abstinencia).
● Nesta parte das respostas, o contido pode estar escrito en 3 formas de tipografía:
1.-Letra normal.- Da ou ben a palabra galega equivalente ou unha sinxela glosa.
Ex.: PARTÍCIPE adx. e s. Partícipe, que ten parte.
2.- Letra normal entre corchetes posteriores [ ].- Trátase dun mero complemento ou dunha simple concreción ante unha posible ambigüidade.
Ex.: ABACERO, A s. Tendeiro [de comestibles].
3.-
Letra cursiva entre parénteses posteriores ( ).- É unha pista, sinal ou
indicio, unha simple apostila -a modo de chuleta (dun exame)- coma un recordatorio en palabras de pouco uso ou necesitadas de contexto.
Ex.: ÁBACO s.m. Ábaco (taboleiro de contar).
ABRIGO s.m. Abrigo (protección).
║ Abrigo, gabán (prenda). ║ Abeiro, acubillo, abeiradoiro
(lugar). ║ (fig) Auxilio, protección, amparo.
●A efecto,só, da ordenación alfabética das entradas en castelán os dígrafos “ch” e “ll” considéranse coma letras indistintas separadas (RAE, 1994).
Dous “adobíos” extra
1.- Hai en tódolos idiomas moitísimas
palabras polisémicas (que teñen varias acepcións). Aquí escollimos un fato das máis
destacadas (encaixadas no seu lugar alfabético) para adornar un chisco a súa presentación
na cal, emulando o formato dunha ecuación matemática, colocamos un primeiro
termo coa tradución directa da palabra en cuestión e un segundo termo cos
sinónimos das diversas acepcións, coma no seguinte exemplo:
ABRIR(SE)
v. Abrir(se) = [ Destapar. ║ Desfechar / despechar. ║
Separar (unha porta). ║ Franquear. ║ Desatrancar, deschoer. ║
Cortar (algo para ver o interior). ║ Fender, rachar, regañar. ║
Desdobrar, desencartar, desenrolar. ║ Inaugurar (unha actividade).
║ Iniciar, comezar (un acto). ║ Romper (un chan). ║ Agromar,
xermolar (un vexetal). ║ Encabezar (unha marcha). ║ Clarexar,
alborecer, amencer, clarear. ║ (Der.) Incoar. ║ v.pr.
Confiarse, desafogarse. ║ v.pr. Separarse (partes de algo). ║ Etc.]
2.- Naquelas
palabras homónimas castelás numeradas no dicionario da RAE, respéctase e mantense
esa numeración. Na maioría dos casos inclúese algún dato (sucinto e mínimo) para
salientar que se trata de palabras distintas.
Ex. ABONAR (1) (Do lat. Bonus, `bo´) v. Aboar, dar por bo. ║ (Contabilidade) Aboar, pagar. ║ Fertilizar, estercar. ║ Apoiar, basear, axudar.
ABONAR(SE) (2) (Do fr. Abonner < bonne, ´límite´) v. Abonar(se),subscribir(se). ║ v.pr.(coloq.) Facerse asiduo dun lugar.
Limitacións
● Por mor de acadar unha economía de espazo non se inclúen os adverbios de modo rematados en -mente como tampouco moitos adxectivos coincidentes cun participio verbal. Na categoría gramatical dos verbos xeralmente non se inclúe o seu tipo dadas as proximidades de uso en ambos idiomas. (Hai particularidades que si están indicadas.) Tampouco inserimos tecnicismos ou cultismos formados por palabras compostas nin americanismos, rexionalismos ou palabras en desuso.
Marcas de pronuncia |
/Ɛ/ ... é aberto ….......… Ex.: Pé(do corpo). Isto non pega. /e/ … e pechado …....... Ex.: Pe (nome da letra). Vir voar unha pega. /ɔ/ … o aberto …....…... Ex.: Bota (calzado). Bóla (de xogar) /ο/ … o pechado ......... Ex.: Bota (sementeira). Bola (de pan). /ᶘ/ .… x fricativo xordo. Ex.: Toxo, xeito, xunqueira. /ks/ … cs ………......……... Ex.: Exame, éxito, texto. |
A B R E V I A T U R A S | |||
acc. | acción | acc.e ef. | acción e efecto |
adv. | adverbio | adx. | adxectivo |
Agric. | Agricultura | Anat. | Anatomía |
Ant. | Antigüidade | ár. | árabe |
ár. hisp. | Árabe hispánico | Árb. | Árbore |
Arbto. | Arbusto | Arquit. | Arquitetura |
Arqueol | Arqueoloxía | Astron. | Astronomía |
Biol. | Bioloxía | Bot. | Botánica |
cal. | calidade | cast. | castelán |
Cat | Catolicismo | Cinex | Cinexética |
coloq. | coloquial | Constr | Construción |
Dep. | Deportes | despect. | despectivo |
desus. | desusado | Ecol. | Ecoloxía |
Econ. | Economía | ef. | efecto |
Electr. | Electricidade, electrónica | Elem.compos | Elemento compositivo |
Enxeñ. | Enxeñería | f. | feminino |
fam. | familiar | famil. | .familia |
Farm. | Farmacia | Ferroc. | Ferrocarril |
fig. | figurado | Fil. | Filosofía |
Fis. | Física | Fisiol. | Fisioloxía |
Fon. | Fonética | fr. | francés |
gal. | galego | Gram. | Gramática |
Heráld. | Heráldica | herb. | herbácea |
Hist. | Historia | Impr. | Imprenta |
Inform. | Informática | interx. | interxección |
irón. | irónico/a | it. | italiano |
lat. | latín | Ling. | Lingüística |
oc. | locución | oc.adv. | locución adverbial |
m. | masculino | malsoa. | malsoante |
Mam. | Mamífero | Mar. | Mariña |
Mec. | Mecánica. | Meteor. | Meteoroloxía |
Métr. | Métrica | Micolox. | Micoloxía |
Mil. | Milicia | Mit. | Mitoloxía |
Mús. | Música | onomat. | onomatopea |
Ópt. | Óptica | or. inc. | orixe incerta |
p.us. | pouco usado | Pax. | Paxaro |
pexor. | pexorativo | Pl. | Planta |
pl. | plural | poét. | poético/a |
Quím. | Química | ref. | referido |
rel. | relativo | Relix. | Relixión |
s. | substantivo | sing. | singular |
sup. | superlativo | Telec. | Telecomunicacións |
V. | Véxase | v. | verbo |
v.i. | verbo intransitivo | v.tr. | verbo transitivo |
v.pr. | verbo pronomimal | Veter. | Veterinaria |
vs. esps. | varias especies | xen. | xénero |
xerm. | xermanía | Zoo. | Zooloxía |
© M.D.Q. 2024