Inda que se trate de algo tan prosaico como a tapa de ferro dun sumidoiro hai que calificar esta peza coma unha reliquia do pasado. Reliquia que segue en activo, cumprindo ininterrompidamente a súa misión, desde o ano 1931.

Hai 70 anos as entidades de poboación que tiñan escudo eran só as cidades. Os demais concellos, caso de querer poñer un, usaban o da Deputación que no caso de Ourense é igual ó da capital da provincia.

Eu recordo dúas remodelacións da rúa na que se atopa esa tapa, feitas posteriormente polo concello de Ourense, pero a peza aí segue dando fé da súa orixe.

Está na rúa Salustiano Muñoz. (Se nos sabes cal é esa rúa mira no meu Plano-Rueiro)