Isto quere ser un pequeno recordo do CINE YAGO, aquel cine que estivo aberto na Ponte de 1949 a 1964, na rúa Ramón y Cajal, ó lado do Bar Severo.
O amigo Lisardo Mazaira (Foto Mazaira - Rúa do Progreso) facilitoume 7 "programas" ou prospectos daqueles que na época repartían os cines pola rúa para animar á xente a ver as películas. Mira a ver se che acorda algunha desas películas.