![]() |
ARQUIVADOR |
|||
As obras do acceso centro á cidade de Ourense, da autovía A-52, van moi adiantadas. Non sei para cando estará prevista a inauguración, pero cando eso ocurra, os viaxeiros que entren (e saian) por aí terán unhas perpectivas da cidade que de momento non creo que coñezan máis dun, digamos, 10 % dos ourensáns. Para que te fagas unha ídea, eu recollín para ti, visitante fiel, estas fotos, tomadas co tépedo e presuroso sol de inverno.
Ese sol que, como é sabido de vello, ten unha deferencia con Ourense que é que cando se está a despedir soe agarimar á cidade con delicados reflexos dourados, cousa que se confirma nalgunhas das imaxes.
VOLVER A "ARQUIVADOR" |