ARQUIVADOR    

www.canedo.eu
OS SALDOS DO 50 %
Por Saleta Caramiñal
Cando me propuxeron colaborar na web canedo.eu dixéronme, -eso si, con cara de risa-, que lle cumpría que escribira unha muller por aquilo da paridade. Como conozo a quen así falaba sabía moi ben que o estaba a facer de broma. Pero ese detalle váleme como tema deste primeiro artigo.
Se eso que me dixeron fora en serio eu sentiríame ofendida. Penso que nombrar para un posto a unha muller por mor de cubrir unha cota feminina, e dicir, para que o número de mulleres sexa igual os de homes nun determinado colectivo, é unha acción simplemente demagóxica. Máis aínda, para mín, é insultante. É coma se me estivesen a dicir: "Somos tan modernos e xenerosos que, sen que nos importe a vosa valía, ímosvos dar a metade dos cargos." ¿E que pasa se para eses postos hai máis mulleres cualificadas ca homes?
Eu, cando me nomeen para algo, quero que sexa a título persoal. Se o fan para un lugar no que se aplica esa práctica sempre me quedará a dúbida de si realmente me están recoñecendo unha valía persoal ou se é por cumplir cun número. Preguntaríame se son unha "mercancía" de calidade ou un saldo do 50 %.
Se este proceder segue adiante o primeiro que terán que facer (biólogos, xenetistas, tocólogos, etc.) será investigar e buscar a maneira de que nazan e vivan tantos varóns coma femias. E logo, a partir de aí, para qué imos falar. ¡Todo ó 50 %!
As mulleres queremos a igualdade, pero de dereitos e oportunidades, non de números.
Para terminar direi que este tema tamén ten a súa parte chistosa. Esta é que moito procurar a paridade e resulta que na única institución, a única, na que ata o dagora era necesaria e imprescindible, van e por ley, os mesmos que a queren poñer en todas partes, aquí quítanna. Estou a falar do matrimonio. Ou se prefiren, das parellas en xeral. Históricamente os matrimonios, cando menos en occidente, sempre estiveron formados por un 50 por cento de homes e un 50 por cento de mulleres. Agora, ó parecer, as cousas están cambiando.


VOLVER A "ARQUIVADOR"