Varias

Ata aquí levamos mencionadas 68 pontes, pero calculamos que aínda quedan arredor doutras 20 ou 25 máis. A maioría son estruturas pequenas encaixadas en vales estreitos e montesíos. Hoxe, pretender facer un inventario ou unha revisión exhaustiva das pontes todas do Concello sería unha misión case imposible. Para acadalo teríamos que ir acompañados ou precedidos dunha boa e preparada brigada forestal que fixese as oportunas limpezas para poder ver as obras e conseguir acceder a elas.
A maioría son pequenas pontes sobre diversos regatos, regachos e regos. Unhas son pontellas de arquitectura popular, outras pontes viarias de obras públicas. Algunha cunha certa antigüidade, descoñecida. A maioría son de pedra con algunha restauración en formigón. Outras, especialmente en zonas peri-urbanas, foron reconvertidas en bocas de condutos soterrados.
Despedímonos cunha pequena mostra fotográfica escolma das diferentes solucións:











