Pregón das festas da Ponte 2008

Pronunciado por D. José Lorenzo Doallo (Pepe-Perla)



Boas noites Damas e Cabaleiros.

Primeiro dar as gracias á comisión, pola honra de elixirme o "pregoeiro" das Festas do noso Barrio.

A miña disertación do Pregón terá dúas partes: A primeira tratará das miñas experiencias nas festas da Ponte. Na segunda falarei da fusión do Concello de Canedo co Concello de Ourense.

1. Primeira parte
A Parroquia das Caldas en 1929, sendo o párroco D. Cornelio, oficia á sociedade "A Troya" para que sexa esta quen nomee "mayordomo" das festas do Santiago. Ese primeiro ano, a sociedade nomea a D. Bruno Tabarés.

Dicir que daquelas, a igrexa e mais a Casa Rectoral estaban preto do ceminterio e que as festas eran o día 25 de xullo no campo de Santiago e o día 26 de xullo (Santa Ana) a festa era no Pino.

Dicen que as aportacións dos veciños facíanse en especies. Uns daban unha ola de viño, outros un lacón, outros ovos e que todo esto despois se subastaba para traducilo en cartos.

Todo esto seguíu sucedendo ano tras ano ata que na Ponte se creou outra sociedade chamada "Recreativa", co cal, cada ano se ocupaba das festas unha das sociedades. Anos máis tarde, a Sociedade Recreativa desapareceu, quedando sólo "A Troya" organizando as festas.

Cando a parroquia das Caldas fixo a nova igrexa na Ponte Maior, as festas viñeron para a zona da estación vella de ferrocarril. Ata o ano 1952 foi o seu punto neurálxico. Por alí pasaron as mellores orquestras de Galicia, entre elas a de "Pucho Boedo", que a situaban o lado do Auxilio social (ubicado na casa que Ile requisaron ó médico D. Antonio Carnicero, irmán do farmacéutico D. José Carnicero).

Como anécdota, comentar que unha das orquestras que viña tódolos anos, a "orquestra Radio" paraba na nosa casa da Perla e non cobraba nada, pois dicía o xefe que nestas festas facía contratos para todo o ano.

As nosas festas tiveron, e teñén, un prestixio contrastado; chegaron a estar no calendario da Federación Española de Ciclismo. Os mellores ciclistas estiveron nas nosas festas: Manzaneque, Julio Jiménez, Fuentes, Raul Rey...

A primeira vez que fun da comisión foi fai bastantes anos, sobre o ano 1950 e tiven de xefes a D. Salvador Rey, D. Xuventino Crespo e ó señor Abraldes. E como compañeiros máis novos estaban "o Vara" e 0 Pepiño da Esperanza. Recordo que as contas se facían no Bar do Eugenio, o do Tabaco. Todo esto estamos a falar de cando aínda non se inaugurara a estación nova do Ferrocarril.

Ala polo ano 1952 inaugúrase a estación Empalme, e as festas trasladan parte do seu contido as explanadas de dita estación, pasando a ter ditas festas unha expansión moito maior.

Nesta época, D. Jesús, que era o párroco por aquel entonces, tivera problemas co Bispo Temiño, porque este sacara unha disposición pola cal non se podía celebrar a festa relixiosa coa festa profana. Finalmente D. Jesús saíuse coa súa e na Ponte púdose continuar celebrando as dúas o mesmo tempo.

A primeira vez que eu tiven a honra de ser presidente foi no ano 1975. Facía un ano que me casara e tiña a muller embarazada; recordo que íamos a pedir ós pisos cartos para as festas despois de traballar, logo facíamos as contas e o día seguinte a miña muller ía ingresa-Ios cartos ó banco. Para esas festas estivemos traballando intensamente un grupo de amigos e recordo que o resultado foron unhas festas nas que todo o mundo disfrutou.

Recordo cousas que agora non se fan, como as cucañas no río que, para os máis novos que probablemente non o saiban, consiste nun pau engrasado e na punta deste colocábase un lacón. O que chegaba ó final levaba o lacón, pero moitos caían o río ó intentalo. Tamén lembro o concurso de feos, que despois se paseaban polo barrio nun camión para que a xente os vira, as carreiras de sacos... E como non, tamén lembro as comisións e o seu traballo que, ás veces, non se valora e reciben algún improperio, do cual non son merecedores.

As nosas festas tiveron, teñen e terán un prestixio ganado polo traballo de unhas persoas que, sacrificando o seu tempo, dedícanse a conseguir reunir os euros necesarios para poder disfrutar de unhas festas con un programa que as ensalce máis todavía.

Os pontinos presumimos de ter as mellores festas da provincia e das que máis xente reúnen. Pois sigamos apoiándoas, para que poidamos presumir de que as nosas festas son as mellores.

Viva a Ponte.

2. Segunda parte.
En 1943 prodúcese a fusión do Concello de Canedo co Concello de Ourense. O Concello de Canedo naquel momento estaba formado polas parroquias seguintes: Santiago das Caldas, San Miguel de Canedo, Santo Estevo de Untes, Santa Cruz de Arrabaldo, San Pedro de Cudeiro, San Mamede de Palmés, Santo André de Castro de Beiro, Santa Baia de Beiro, A Purísima Concepción de Vilar de Astrés e San Pedro de Trasalba.

Os límites de extensión do concello de Canedo eran de cinco mil trescentas dezaoito hectáreas comprendidos entre os concellos de Amoeiro e Coles ó Norte, o río Miño que o separa dos concellos de Ourense e Toén ó Sur, o río Barbantiño que o separa dos concellos de Cenlle e Punxín polo Oeste e o concello de Coles e o río Miño polo Este.

A poboación do concello por aquel entonces era de 9218 habitantes de dereito e de 8370 de feito repartidos así: 3050 habitantes na poboación urbana da Ponte Maior e 5310 nos pobos dos arredores e parroquias do Concello.

O presuposto do Concello dividiase do seguiente xeito:
Ingresos: 330.447 pesetas e 48 céntimos
Gastos: 293.389 pesetas e 31 céntimos.
Superávit: 37.058 pesetas e 17 céntimos.

O persoal do concello era o seguinte:

Persoal especial: Santiago Álvarez Rodríguez Secretario
     
Persoal administrativo: Ángel Garrido Fernández Oficial
  José Domínguez Villamarín Depositario
     
Persoal Subalterno: Tomás Fernández Villamarín Porteiro
  José Ramos Alonso Administrador
  Manuel Outeriño Fernández Garda
  José Vázquez Rey Garda
  Manuel Liz Salgado Garda
  Bernardino Fernández González Varredor
  Dorinda Nóvoa Varela Varredora da Praza
  Feliciano Vázquez Figueiras Recadador
     
Persoal técnico de beneficencia: Luis González Nóvoa Médico
  Óscar Montero Moreno Médico
  Francisco Rodríguez Fernández Practicante
  Cesáreo Parada Pumar Veterinario
  As prazas de matrona e farmacéutíco están vacantes.


A corporación municipal do concello de Canedo nese momento está formada por:

Alcalde:
Nicolás Barja González

Concelleiros:
Mariano Álvarez Mosquera
José Martínez Nóvoa
Daniel Álvarez Mosquera
Julio García Rodríguez
José Rodríguez Gómez
José Gómez Coto
Roberto Iglesias Carballo
Celestino Estévez Vázquez
Graciano Cardero Nóvoa
Manuel Pérez Buceta

Despóis da fusión, o Concello de Ourense adquiríu o compromiso de seguir mantendo as festas do Santiago Apóstol, patrono da parroquia das Caldas.

Así mesmo os pontinos tamén reclamamos, porque se nos prometeu, a ubicación de unha tenencia de alcaldía (ou distrito) que por dereito nos corresponde, xa que un tercio da poboación de Ourense se atopa na marxen dereita do Miño. Somos máis de 32.000 habitantes que pertenceríamos ó Concello de Canedo. Só pedimos que se nos trate con xustiza. Non queremos a independencia pero si que se nos den os dereitos que nos corresponden.

Gracias e vivan as festas da Ponte.


Saír