Dende 1997 as provincias galegas están, administrativamente, divididas en Comarcas en virtude do Decreto da Xunta 65/1997, do 20 de Febreiro, que aprobou o Mapa Comarcal.de Galicia.
Este Decreto foi redactado en aplicación da Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal.
A configuración das comarcas como unidades supramunicipais determina que cada Comarca agrupe un número determinado de Concellos. Estos, á súa vez, estan divididos en Parroquias. (A parroquia é en Galicia e Portugal -alí "freguesía"- a unidade básica administrativa. É un concepto civil, independente da idiosincrasia que ten no ámbito relixioso.)
En consecuencia, a Comunidade Autónoma ten en total 53 comarcas, correspondendo 18 á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 10 á de Pontevedra e 12 á de Ourense.
Comarca | Superficie (KM2) | Habitantes (2019) | Nº de Concellos | Dens. Poboac. Hab/Km2 | |
---|---|---|---|---|---|
Allariz-Maceda | 382,15 | 14.083 | 6 | 36,85 | |
A Baixa Limia | 530,3 | 7.930 | 5 | 14,95 | |
A Limia | 801,9 | 20.658 | 11 | 25,76 | |
O Carballiño |  548,4 | 26.585 | 9 | 48,48 | |
Ourense | 623,14 | 143.833 | 12 | 230,82 | |
O Ribeiro | 406,95 |   15.808 | 10 | 38,85 | |
Terras de Caldelas | 313,25 | 2.789 | 4 | 8,90 | |
Terra de Celanova | 508,86 | 17.620 | 10 | 34,62 | |
Terra de Trives | 431,71 | 3.924 |  4 | 9,09 | |
Valdeorras | 972,7 | 25.500 | 9 | 26,22 | |
Verín | 1.006,6 | 25.217 |  8 | 25,05 | |
Viana | 746,32 | 5.682 |  4 | 7,61 | |
TOTAIS | 7.272,28 | 307.651 | 92 | 42,30 | |
O PIB da Provincia, no ano 2016, foi de 6.102.599 miles de €. |
Ola amigo:
Non hai dúas comarcas iguais. Ao mellor a diferenza (iso que as fai únicas e distintas) é algo moi sutil, difícil de ver, pero o caso é que cada comarca ten a súa propia personalidade. Como me gustaría a mín poder apresala e transmitila! Pero iso non é nada doado. Eu podo reflectir datos, exhibir cifras, describir accidentes xeográficos, enxalzar paisaxes e explicar comportamentos humanos, pero o retrato sempre será incompleto, sempre lle fallará a emoción da vivencia. E iso sen contar coa subxectividade de cada quen.
=== Segue a ler ===
M. D. Q.
|
![]() |