Virus.   Verme (*).

Virus.   Gusano (*).

Virus.- Programa de mala fe cuxo obxectivo é causar danos no teu sistema informático, que entra no teu ordenador sen permiso, as escondidas e disfrazado para non ser detectado.
Normalmente o que fai é reemprazar anacos de arquivos executables por outros con instrucións malévolas. Algúns poden destruír tódolos datos almacenados no teu ordenador. Outros, máis "benignos", confórmanse con molestar ou dar a lata. Teñen a propiedade de poderse replicar. Antes de Internet un ordenador podíase "contaxiar" usando un disquete que tivese un virus. Agora coa Rede, especialmente co correo electrónico e as descargas de arquivos, campan as súas anchas. (Se se lles deixa.)
O nome resulta atinado pola súa similitude cos virus biolóxicos. Por suposto que estamos a falar de naturezas distintas que, desde logo, non teñen nada que ver entre si, pero que presentan semellanzas no seu comportamento. Os virus informáticos, igual ca os biolóxicos, por si mesmos non fan nada, pero da mesma maneira que estes necesitan dunha célula hospedadora para vivir, actuar e replicarse en outras células , os informáticos tamén precisan un programa no que incrustarse para, desde el, facer as súas faenas. Tamén, igual ca os outros, teñen a propiedade de se replicar e “infestar” a outros ficheiros.

Verme.- (En inglés, worm) Programa malware que ten a propiedade de auto-replicarse ou reproducirse, e de pasar dun ordenador a outro(por exemplo, ó traveso do correo electrónico ou de ficheiros adxuntos) ocupando (invadindo) espazo de memoria. Os vermes son "okupas" do teu disco duro. Iso pode ocasionar trastornos tales como ralentizar un sistema ou, incluso, colapsar unha rede.
Se ves que o teu ordenador se fai o moulón e vai máis de vagar ca antes desconfía dos "vermes".
[Portugués: verme]

   (Ver Malware )

Virus.- Programa de mala fe cuyo objetivo es causar daños en tu sistema informático, que entra en tu ordenador sin permiso, a escondidas y disfrazado para no ser detectado.
Normalmente lo que hacen es reemplazar trozos de archivos ejecutables por otros con instrucciones malévolas. Algunos pueden destruir todos los datos almacenados en tu ordenador. Otros, más "benignos", se conforman con molestar o dar la lata. Tienen la propiedad de poder replicarse. Antes de Internet un ordenador se podía "contagiar" usando un disquete que tuviese un virus. Ahora con la Red, especialmente con el correo electrónico y las descargas de archivos, campan a sus anchas. (Si se les deja.)
El nombre resulta atinado por su similitud con los virus biológicos. Por supuesto que hablamos de naturalezas distintas que, desde luego, no tienen nada que ver entre si, pero que presentan semejanzas en su comportamiento. Los virus informáticos, igual que los biológicos, por si mismos no hacen nada, pero de la misma manera que estos necesitan de una célula hospedadora para vivir, actuar y replicarse en otras células, los informáticos también necesitan un programa en el que incrustarse para, desde él, hacer sus faenas. También, igual que los otros, tienen la propiedad de replicarse e “infectar” a otros ficheros.

Gusano.- (En inglés, worm) Programa malware que tiene la propiedad de auto-replicarse o reproducirse, y de pasar de un ordenador a otro (por ejemplo, a través del correo electrónico o de ficheros adjuntos) ocupando (invadiendo) espacio de memoria.
Los gusanos son "okupas" de tu disco duro. Ello puede ocasionar trastornos tales como ralentizar un sistema o, incluso, colapsar una red.
Si tu ordenador se hace el remolón y va más lento que antes desconfía de los "gusanos".


   (Ver Malware )

  Anterior   Continuación