Ourense e Canedo na mirada

INICIO

Índice alfabético dos principais traballos



• Desprega a lista anterior, coloca o cursor nos títulos para obter información e escolle o traballo que queiras ver.
• Esta selección de temas é só un "expositor", non unha lista exhaustiva.
• Navegando polos menús da beira esquerda é como se poden atopar tódolos traballos.


Buscador interno

• Este é un buscador exclusivo de canedo.eu. (A/s palabra/s que escribas será/n procurada/s soamente neste sitio web.)


Río Miño Río Miño

Presentación

              Eu son un mozo que naceu en Canedo (Ourense) hai moitos, moitos, anos. Tantos que xa me deron o retiro. Isto quere dicir que deixarei o traballo, pero non de traballar, se se me quere entender. Deixo ese traballo do que falan os economistas, pero non aquelas ocupacións que me poidan gratificar persoalmente.  Con este gallo quero facer cousas que ata o dagora non podía. Unha delas é esta de ter un dominio de internet (como páxina persoal) no  que verter a mestura das cousas que se me vaian ocorrendo en cada un seu momento, aquelas outras que os visitantes e amigos me queiran enviar e, moi especialmente, variados temas relacionados con Ourense e Canedo, sempre co ánimo ben disposto para tratalos con cariño, tanto se son de louvanza, de crítica ou, simplemente, de divulgación.
Aparte de opinións, pareceres e, incluso, recordos gostaríame facer disto un sitio de defensa do país e paisanos de Galicia, en xeral, e da cidade e cidadáns de Ourense, en particular. Estou aberto a todo aquel que me queira comunicar algo.
              ¡Ah! O meu nome é

                                     firma

Maio, 2006


Páxina seguinteAvanzar á páxina seguinte