No 137 a.C., ó mando de Décimo Xunio Bruto, chegan, dende o sur, por A Limia. Foi a primeira incursión das lexións romanas sen que desta feita conseguisen cruzar o río Miño. Quizais ese fose o seu primeiro contacto cas terras do futuro Ourense. Houbo varios ataques máis a Galicia dos que se poden destacar o do ano 61 a.C. de Xulio César que desembarca en Brigantium (actual Coruña) e o do 29 a.C. protagonizado por Augusto que vén para reprimir a aguerrida resistencia de galaicos, cántabros e astures. A batalla final, de tintes épicos, na que as lexións de Roma vencen ós nativos (que prefiren suicidarse a renderse) dáse no ano 22 a.C., no Monte Medulio.

“Pois tamén cercaron con asedio o Monte Medulio, que se ergue sobre o río Minio, e no que se defendía grande multitude de homes, despois de rodealo cun foxo de quince millas de lonxitude”. Paulo Orosio. (A localización dese monte e ese río son moi discutidas.)

No ano 39 xa da nosa era o emperador Octavio proclama a pacificación de toda a Hispania e no 64 (ou 70) o emperador Vespasiano dictamina que os galegos pasen a ser cidadáns de Roma.