Alfonso VI, chamado “el Bravo”, fillo de Fernando I, foi rei de León
(1065-1109), de Castela (1072-1109) e de Galicia (1072-1109). Tivo varios
fillos. De eles interésanos destacar acó a dona Urraca (n. en 1081 do seu
2º matrimonio) e a dona Teresa (n. en 1070, no mosteiro de
Montederramo, froito dunha relación extra-matrimonial).
En 1093, como dotes matrimoniais para esas dúas fillas, o monarca
divide o reino de Galicia en dous condados: o de Galicia que pón nas
mans de Urraca e o de Portocale que outorga a Teresa. Os títulos
concedidos son o de Condesa de Galicia e Condesa de Portocale, ambos
dependentes da coroa.
Co tempo Urraca herdaría do seu pai as coroas de Galicia e mais a de
León e Castela. O seu fillo, Alfonso VII, sería proclamado rei de Galicia en
1111; logo, en 1126, á morte da súa nai, rei de León e o ano seguinte,
1127, rei de Castela.
Pola súa parte, Teresa (ou Tareixa) entraría en guerra ca súa
media irmá Urraca, ó morrer Alfonso VI, o pai de ambas. Nese contexto, de confusión e intrigas a varias bandas, é
cando (actuando coma raíña) concede a xurisdicción da cidade ó bispo de
Ourense. En 1126 aceptou a soberanía de Urraca, pero dous anos despois o seu fillo Alfonso Henríquez rebélase contra a tutela da súa nai e contra o rei castelán Alfonso VII. En 1137 sería recoñecido polo rei como "conde independente", pero dous anos máis tarde, a raíz dunha vitoria sobre os musulmáns ca que ampliaba o seu territorio cara o sur, fíxose proclamar rei co título de Afonso I. Alfonso VII admitiría o reino de Portugal polo Tratado de Zamora (1143).