Isabel subiu ó trono en 1474, ó morrer o seu irmán Henrique IV, pero tal subida non se pode dicir que fose efectiva ata 1479 cando derrotou ó portugués Alfonso V de Portugal, desposado con Xoana –alcumada “La Beltraneja”- filla do antedito Henrique IV.
Isabel, xunto co seu home Fernando de Aragón, emprendeu unhas políticas innovadoras:
- Castigo a nobres levantiscos con demolición dos seus castelos e pazos.
- Redución de privilexios da nobreza.
- Nomeamento de letrados (en vez de nobres) para moitos postos de goberno.
- Creación da “Santa Hermandad” (1476), instrumento eficaz para o restablecemento da seguridade limpando campo e cidades de malfeitores, sufragada por tódolos estamentos, incluíndo –caso inaudito- á nobreza e ó clero.
- Establecemento de servizo militar obrigatorio co que formaron un exército real (para non ter que depender das mesnadas ou tropas privadas dos nobres).
- Reorganización do Consello Real no que dúas terceiras partes haberían de ser letrados.
- Renovación da figura do Correxidor cunha serie de facultades que o situaban por riba de calquera outra autoridade local.
- Etc., etc.
(Por contra en Galicia puxeron en práctica unha serie de medidas centralizadoras que, co tempo, rexultarían perniciosas para o país e a súa lingua, pero esta é outra "historia".)