Se quixésemos fixar os puntos de inflexión que marcaron as novas tendencias habería que remontarse ós anos 30 do século XIX. Eses puntos foron a designación da capitalidade provincial (1833) e a construción da primeira estrada, a de Villacastín-Vigo (1836).
No aspecto demográfico, despois dun tímido incremento no século XIX, a mediados do século XX prodúcese unha inédita e progresiva expansión.
No Catastro de Ensenada, de 1752, Ourense andaba ó redor dos 3.000 habitantes, cifra máis ou menos estable (salvo baixadas en períodos de crise ou de epidemias) dende o século XIII.
En 1849 había 4.849 habitantes,
en 1858, 11.012,
en 1877, 16.626 e
en 1900, 15.194.
Xa no século XX o progreso será o seguinte:
1910 ......................... 15.998
1920 ..........................17.581
1940 ......................... 28.387
1950 (con Canedo) .. 55.574
1960 ......................... 64.153
1981 ......................... 96.085
1986 ....................... 100.153
1991 ....................... 108.382
1995 (ano record) .. 110.796
2001 ....................... 107.510
2007 ....................... 107.186
2012 ...................... 108.002