Reproducimos aquí (lixeiramente retocado na forma) o Rueiro do Ourense histórico publicado por Rafael Salgado Sánchez no seu interesante blog "Ourense no Tempo". Se queres ver o orixinal no seu propio sitio podes premer no título. A relación está elaborada poñendo como entrada de cada liña o nome actual das respectivas rúas seguido dos nomes históricos dos que se tén constancia. |
· RÚA DA BURGA (orixen)
· RÚA DO VILAR (Villare1057)
· RÚA DE HERNÁN CORTÉS ( É froito do union das Rúas "do Macelo"1178, vicum Macelli (dos Brancos, carnificum), "da Pena Vixia" (Penam uigiliam), Tras Palacio, e "da Rúa Fonte Forcada")
· RÚA DA PAZ [DE VERGARA], d. 1839 (Vicus Cerdonum, Zapatariorum1212, Rúa dos Zapateiros)
· PRAZA MAIOR (uico do campo, Portal do Campo1222, Praza do Campo, Pl. de la Constitución, Plaza de la República, Plaza Nacional)
· RÚA LIBERDADE, d. 1861 (Vicum Clausarum, Rúa das Chouzas ou das Chousas1222, Rúa da Cárcere1236 ).
· RÚA DA LÚA (Sumitalle villa, Rúa de Cimadevila1222 , Rúa do Tendal da Figueira)
· RÚA DE COLÓN, d. 1850 (Pomerii, Rúa do Pumar1227, Pelouriño O último tramo da rúa, entre Pelaio e a Trinidade, era a Rúa do Vergal (do vargaal, do Vergairo1388 )
· RÚA LAMAS CARVAJAL (uico novo, Rúa Nova1230, do Instituto)
· PRAZA DE SAN MARCIAL (canum, Praza da Fonte dos Coiros1230.)
· RÚA CERVANTES, d. 1850 (Rúa da Fontaiña1233.) Comezo da rúa do Vilar, entre Baixada as Burgas e Praza do Vilar (Ferreiría)
· RÚA DA BARREIRA (Corritoria, Rúa Correaría1238 )
· RÚA DE LEPANTO, d. 1850 (operis, Rúa da Obra1246 )
· RÚA DOS FORNOS (uico furnorum1250)
· RÚA BAILÉN ("Congustam qua descendunt ab ipsis Bancis ad uiculum clausarum"1253)
· XARDÍNS BISPO CESÁREO (Campo das Oliveiras (das Ouliveiras)1254 , Horta do Concello, Curral do Bispo.)
· PRAZA DA FERRERÍA (Crux dos Ferreiros1257, Ferreiría, Cruz do Vilar, Praza do Vilar)
· FONTE DO REI (fons episcopi 1258, Fonte do Bispo, Eugenio Montes)
· RÚA DO BAÑO (Vicus de Balneis, Rúa do Penso1260, incluindo a Rúa Pelaio.)
· RÚA PELAIO (Xunto ca do Baño, formaba a do Penso1260)
· RÚA DO TRIUNFO (Rúa da Canicova1269 ).
· PRAZA DO FERRO (Crux ferraiorum, Cruz dos Ferreiros1270, Tomás María Mosquera)
· PARQUE DO SAN LÁZARO (Outeiro da Forca1277, Campo de San Lázaro, Campo da Feira)
· RÚA DAS TENDAS (tendis, Tendas e Degraos1295)
· PRAZA DO TRIGO (Tras a ábsida da catedral, Praza das Olas1315, Platerías, Do Grau, Da Fonte Nova).
· RÚA SAN MIGUEL (Rúa da Pixotaría1325, da Pescadería, Rapagatos, García Hernández)
· PRAZA SAN COSMEDE (Fonte Arcada1326, Praza San Cosme e Damián)
· RÚA PIZARRO, d. 1850 (Escura1390, Obscura )
· RÚA JUAN DE AUSTRIA (Via Sacra, Patin Vello1404)
· PRAZA DE SANTA EUFEMIA, d. 2007 ("Calella que baixa á Rúa Nova dende Zapateiros"1395, Rúa Coronel Ceano1937). Esta praza/rúa xunto ca de Juan de Austria tivo varias denominacions de dificil explicación. Na parte alta estivo a
Praza do Carbón (Carvom), (sen confirmar San Martiño). Segundo uns mudou a
Praza do Recreo,1861 (O nome, segundo a quen lle fagamos caso, vén de que aí tivo a súa segunda ubicación o "Liceo Recreo" ou de que xogaban nos recreos os rapaces do "Instituto")
Outros din que a do recreo era máis abaixo, e incluso a relacionan ca do
Pan Trigo (1325 unión de San Miguel e Irmans Villar?). Tamen hai quen di que era a de
· PRAZA DE SANTA EUFEMIA que si que era a
Cruz do Centeo (1315 entre Tendas e Zapateiros). Tamén se di que a parte de abaixo era
Rúa Travesa (dende Arcediagos a Rúa Nova)
· RÚA XULLO PRIETO NESPEREIRA (Rúa da Aira do Bispo ou da Porta da Aira1410, Reina Victoria)
· PRAZA DAS MERCEDES (Pía da Casca1441)
· RÚA DOS ARCEDIANOS (Arcediagos1441, Groria)
· PRAZA EIROCIÑO DOS CABALEIROS (Eiro dos Cabaleiros1446, Corral de los Caballeros, da Hortiña, Plaza del Cid)
· RÚA DOS IRMANS VILLAR (San Fernando1446)
· PRAZA DO CORREXIDOR (Praza de Cimadevila1484)
· RÚA VIRIATO, d. 1850(Laxiña, Laxiñas.)
· RÚA DOUS DE MAIO, d. 1861(Rúa do Sal)
· RÚA DO PAXARO ("Calella que vai á Pia da Casca")
--------------------------