MEMORIA DE OURENSE    


Campo de San Lázaro




Debe o seu nome a unha ermida adicada a San Lázaro anexa e un Hospital leprosería que alí había en tempos medievais.

Era un gran campo comunal nas aforas da cidade ó que se accedía pola Corredoira (hoxe Rúa Santo Domingo).

O trazado da prolongación da "Travesía" en 1.911 partíu o Campo case pola metade xa que incluía (ademais do que agora é Parque e rúas aledañas) o solar da actual Subdelegación do Goberno e o tramo correspondente de Xoan XXIII.

Alí celebrábanse as feiras dende tempos inmemoriais. A principios do século XX quérese trasladar porque a cidade, na súa ampliación,vaise achegando ó tal campo. O Concello quere levala ó Campo dos Remedios, pero atópase cunha forte oposición por parte dos comerciantes. Argumentaban que iso beneficiría a Canedo xa que esa ubicación quedaba moito máis cerca do lugar de A Ponte que do centro da capital. O cambio foise demorando ata que chega un momento en que a presión urbanística e o empalme da "travesía" coa nova estrada da Ponte Nova (que comera gran parte do terreo rebaixando, ademais, o nivel) non deixan outra opción. O traslado será no ano 1.923

En 1929 acolleu a igrexa de San Francisco, trasladada do Convento do mesmo nome, na ladeira de Monte Alegre, o cal pasou a ser cuartel de infantería.

O edificio do Goberno Civil é de 1948 e o Monumento dos Caídos (obra de Francisco Asorey) de 1951. A capela de San Lázaro (que xa non era a orixinaria) retirouse en 1952 para levantala en Peliquín, obra que se retrasaría varios anos.


Valiosa foto de Pacheco na que falta o Monumento ós Caidos e aínda estaba a capela de San Lázaro. (Preme na foto para ampliala)




Anterior Índice Seguinte