Carlos Núñez (Vigo, 1971), músico, gaiteiro, está considerado internacionalmente como un erudito da música celta. O seu interese polo tema levouno a relacionarse con músicos e artistas de diversos países colaborando - tanto en gravacións coma en actuacións en directo- con profesionais de diversas nacionalidades, entre outros The Chieftains.
Estes forman unha sonada banda irlandesa de música tradicional fundada en 1963.
Un e outros teñen o seu sitio web oficial, a saber:http://www.carlos-nunez.com e http://www.thechieftains.com, respectivamente.

Neste vídeo pódese ver, nunha actuación conxunta, unha interpretación da Muiñeira de Chantada. Tamén, aparte da música, se pode ver unha "exibición" de baile, especialmente -só un momento pero incrible- a dunha rapaza (?) que non viste "tradicional".




Dalle a SAÍR ou pecha a pestana