Xardíns do Bispo Cesáreo


![]() |
![]()
1: Achega o cursor a unha imaxe (sen premer) |
![]()
1: Aproxima el cursor a una imaxen (sin calcar) |
Na Idade Media, cando a cidade tiña a súa cerca e as súas portas, unha gran parte da contorna exterior eran terreos comunais, que se soían usar para pastos ou para vagar, e que, pasados os séculos, foron a base de varias zonas verdes da cidade. Todos os xardíns “históricos” que chegaron a hoxe están vencellados a algunha porta ou a algunha afora, como iremos vendo. A pena foi que moitas desas zonas se perderon e o potencial cinto verde, nun principio posible, quedou deturpado por múltiples causas, froito dunhas mentalidades produto doutros tempos. Ler máis / menos
Xardíns do Bispo Cesáreo
Alameda do Concello
Parque de San Lázaro
Un afastado Campo da feira que chegou a ser o parque máis céntrico e "coqueto" da cidade
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - > Comentarios
Foi Campo da Feira e, para amplialo, en 1857 foron expropiados uns terreos.
Na parte superior colocaron unha fonte ornamental barroca traída de Oseira.
Neses momentos o campo ocupaba unha gran extensión xa que comprendía, á parte do que hoxe é parque, as rúas adxacentes, os tramos correspondentes das rúas Curros Enríquez e Xoán XXIII e o espazo intermedio entre esas dúas rúas, ónde (desde 1948) está o Goberno Civil.
En 1918 a prolongación da "Travesía" (hoxe Paseo) cara á Ponte Nova tronza o campo pola metade e obriga a unha rebaixa de rasante. A parte máis alta é a que configurará o actual parque.
A feira estivo alí ata 1923, ano no que se traslada ós Remedios.
En 1929 acolle a igrexa dos franciscanos traída dende o convento de San Francisco.
Houbo, sucesivamenre, 3 capelas de San Lázaro. A última (de 1865, obra do arquitecto José A. Queralt) foi desmontada en 1952 e trasladada a Peliquín.
A escultura de Asorey que preside o fronte principal é de 1951.
A última reforma do parque é de 1983.
Xardín do Posío
Para varias xeracións de ourensáns foir o "xardín" por antonomasia
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - > Comentarios
No século XVII o Concello compra varias viñas para facer un gran comunal. Nun deses terreos había una ermida dedicada á Nosa Señora do Posío. De aí lle viría o nome ao conxunto. .
En 1855, despois de ter sido campo da forca e campo da feira, axéitase coma lugar de recreo (adornado cunha fonte de Oseira que máis tarde iría parar á Praza do Bispo Cesáreo) e, case ó tempo, o Instituto de Segunda Ensinanza crea alí un Xardín Botánico con máis de 200 especies de plantas diferentes.
Ao abrir a estrada Villacastín-Vigo desapareceu a ermida indo unha imaxe (a principal?) para un fornelo do xardín das Burgas. .
Está dividido en 3 zonas distintas: bosque e parque infantil, terraza peonil e, abaixo, o antigo Botánico, paseo de palmeiras de 1899, xardíns, fontes, estanque de patos, paxareira, etc. Acolle tamén senllos monumentos a Lamas Carvajal e a Prado Lameiro.
Xardinciños do P. Feijoo
A erección desta estatua en 1887 marca o inicio das colocacións destes monumentos públicos
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - > Comentarios
Coa apertura do Progreso (1836-1840), parte integrante da “estrada de Madrid”, e a consecuencia de expropiacións, permutas e replanteos, ocasionáronse cambios na zona e así, por exemplo, a rúa Esperanza (hoxe Isabel a Católica), que se supón continuaba ata a Horta do Concello, quedou sen saída, do mesmo xeito que en fronte a rúa (cega) de Fonte do Rei.
Consta que xa en 1439 se determinara acondicionar este lugar para recreo. E que en 1887, xa cun xardín feito, se erixiu alí a estatua do sabio ourensán Padre Benito Jerónimo Feijoo, cuxa inauguración se celebrou no medio de grandes festexos académicos e populares. Era a primeira estatua pública que se erixía en Ourense seguindo o exemplo de cidades máis importantes.
Alameda do Cruceiro
Actualmente máis coñecido por "Parque Infantil"
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - > Comentarios
En 1718 instalouse alí un cruceiro, que foi o que lle daría nome. (É o que hcxe está na Prazola da Magdalena.)
En 1840 o que só era un campo comunal prepárase e convírtese na Alameda do Cruceiro.
Cara 1967 esa Alameda é tronzada e desmontada para facer un soar para o Pazo de Xustiza, perdéndose a metade da Alameda e a posibilidade de ter hoxe alí un espléndido miradoiro sobre o río, a Ponte Vella e o campo dos Remedios. Imaxinade un espigón, a aquela altura, que chegase ata o actual recinto da estátua de Concepción Arenal.