Xardín das Burgas
Continuación "Espazos históricos":
Xardín das Burgas
Parque das Mercedes
Campo do Santiago
Espazo público que pertencía ao antigo Concello de Canedo
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - > Comentarios
Nese campo, daquela próximo a igrexa, e dende tempo inmemorial, celebrábase todos os 25 de Xullo a romaría de Santiago e de aí lle ven o nome. Nas súas extremas, a un lado ten a fonte do Tinteiro e, ao outro, linda co Campo da Feria e coa Burga das Caldas.
Parque da Ponte
Parque Miño
Espazo verde entre o centro da cidade e o río
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - > Comentarios
Inaugurado en 1992 foi construído sobre as fincas particulares que había entre a Ponte Nova e o "Camiño do Vao". Supuxo un adecentamento desa ribeira e unha apertura desa parte da cidade ao río. Ten un cerramento de ferro con varias portas, unha delas a un Centro Comercial privado e mais á pasarela peonil.
Acolle sete esculturas (instaladas posteriormente, en 1996), obras de outros tantos artistas ourensáns(1).
Ten zona infantil, cafetería e quioscos para estar.
(1).- Baltar, Borrajo, Buciños, Cid, Conde, Failde e Manzano