Continuación "Habilitacións modernas":

Parque Ribeira de Canedo

Beita dereita do Miño entre as pontes Nova e Maior

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - >   ComentariosNa marxe dereita do río Miño, como unha primeira liña do barrio da Ponte.
O que antes eran uns eidos particulares, abandonados e desleixados os máis deles, desde a Ponte Nova cara abaixo ata a Ponte Maior, agora, grazas a un “Proxecto de acondicionamento da marxe dereita do Miño…” subscrito entre o Ministerio de Obras Públicas e o Concello de Ourense no ano 1993, presenta unha transformación radical.
Está estruturado en 2 niveis distintos, a modo de socalcos independentes, cunha parte superior pavimentada e outra inferior en estado natural: terra, árbores, céspede, estanque, etc.
Un muro todo ao longo sepárao do río.

Parque do Barbaña

Entre o río Barbaña e a Avenida de Porugal

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - >   ComentariosNa marxe esquerda do río Barbaña, nunha ribeira ocupada antano por viñas e hortas, a finais do s. XX procedeuse ao seu acondicionamento para executar un dos parques máis grandes de Ourense. Algo máis dos 20.000 m2. Foi inaugurado en 1995.
Acolle esculturas de Quessada e Acisclo Manzano, a “Fervenza das Poetas” en recordo das poetisas ourensáns Pura e Dora Vázquez, fontes, zona infantil, cafetería e espazos varios.
Nun extremo, por riba, crúzao unha pasarela peonil que comunica o barrio do Couto coa Alameda.

Parque Avilés de Taramancos

Ä dereita do río Barbaña, cerca do Pavillón de Deportes dos Remedios

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - >   Comentarios Na rúa dese mesmo nome, na marxe dereita do Barbaña pouco antes de morrer no Miño. Antes eran terreos traseiros de casas, en tempos viñas e ultimamente, entullos. Agora son auga, paseo, xogos e plantas.
A superficie total é de 5.200 m2 nos que hai que incluir unha lagoa artificial de 1.300 m2. Foi inaugurado no 2.010.

Parque Angelita Paradela

Un bo parque para unha boa urbanización


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - >   Comentarios Ao sur de Ourense, dando á estrada de Rairo, pasada a Residencia Sanitaria, temos unha gran urbanización, o Novo Barrocás, deseñada coas máis modernas premisas urbanísticas e sendo, ao mesmo tempo, unha gran descoñecida para os ourensáns, seguramente pola mala comunicación que ten co resto da cidade.
A un lado desta urbanización, e continuando ata a dos Rosais, está este parque de 16.000 m2, adicado a unha coñecida mestra ourensá. Foi inaugurado no ano 2007.
Ten pistas pavimentadas, aparellos de nenos e adultos, mesas e alpendres, pradería e un bosque de piñeiros mansos. Foi o primeiro parque acondicionado con enerxía fotovoltaica con paneis solares.
(Moi preto está o Parque Ávila, do que falamos no capítulo seguinte.)


III- Parques forestais periurbanos

Parque da Lonia

Bucólico lugar que pide máis atención


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - >   Comentarios Comprende ambas ribeiras do río Loña, no seu tramo final, nun percorrido duns 550 m, desde a ponte medieval ata a desembocadura no Miño.
Delimitado no 2008. Son unhas 4,5 Has.
Ten un camiño de terra, circular, con bancos, papeleiras e iluminación, aceptable para camiñar. O resto, actualmente (xullo, 2019), está intransitable. Nin se sabe como pode ser debaixo da matogueira.

Parque de Montealegre

Ourense está no colo de Montealegre. Montealegre quere integrarse en Ourense.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - >   Comentarios Espazo natural de gran potencial enmarcado no monte que cerra Ourense polo leste. Con 122.000 metros cadrados (amais de futuras ampliacións) está chamado a ser o gran pulmón verde da cidade. De momento aínda é difícil clasificalo pois se ben a pretensión oficial é a de consideralo xardín botánico a realidade encaixa máis ben nun parque forestal. Ten, efectivamente, varios centos de especies vexetais, pero a atención do conxunto, debido aos escasos recursos aportados, é bastante limitada.
Antes do seu aproveitamento xa gozaba dunhas 240 especies vexetais (incluíndo un bosque mediterráneo), 130 especies de fauna, varias minas de auga e un clima especial. A idea, antiga, do aproveitamento dese espazo para parque comezou a materializarse no 2009 coa adquisición de terreos, continuando cun proceso de adaptación e preparación ata a inauguración oficial en xuño do 2011.
Ten un Centro de Divulgación, edificios auxiliares, un auditorio o aire libre nos restos duna antiga canteira, aparcamentos, camiños pavimentados e sendeiros, zonas de descanso, un invernadoiro (hoxe con plantas carnívoras) e un soberbio miradoiro sobre a cidade.
Está valado, con horario ao público e dia de descanso semanal.