MEMORIA DE OURENSE    


Evolución urbana


Xuño-Outubro, 2007.-- Presento un plano dinámico que trata de reflexar (grosso modo) o desenvolvemento urbano da cidade de Ourense ó longo do tempo. É unha serie de tres capítulos. O primeiro comeza co Ourense que deixou o bispo D. Lourenzo. Deste bispo, que rexeu diócese e cidade dende 1213 ata 1248, poderíase decir que foi un refundador de Ourense. Aparte de rehabilitar a Ponte Romana (que estaba derruida), de reconstruír ca traza actual o pazo episcopal (hoxe Museo Arqueolóxico) e de darlle un gran pulo á Catedral, foi un eficaz impulsor da urbe, ata tal xeito que a estructura e os lindes que el deixou son os que se mantiveron permanentes ata ben entrado o século XIX.

O segundo capítulo da serie comeza ca chegada do ferrocarril (daquela, a modernidade) no ano 1881 e o terceiro, en 1943, ca anexión do Concello de Ponte-Canedo.

Setembro, 2008.-- Engado un novo plano, máis hipotético que documentado, que mostra os estados previos ós outros tres. Abarcaría dende os comezos ata 1248.

Cada capítulo consta de dous arquivos: Un GUIÓN orientativo e o seu correspondente PLANO ACTIVO.


En Setembro do 2017 poño alternativas ós Planos Activos. Ademais de poder verse en swf (flash), formato que non todos os dispositivos admiten, poño os mesmos Planos nunha nova versión en video mp4.

Do principio a 1248  ( Ver Historia )  Plano activo 0 (Versión Flash)

Plano activo 0 (Versión Video)
De 1248 a 1880Guión 1  Plano activo 1 (Versión Flash)

Plano activo 1 (Versión Video)
De 1881 a 1942Guión 2  Plano activo 2 (Versión Flash)

Plano activo 2 (Versión Video)
De 1943 a 2007Guión 3  Plano activo 3 (Versión Flash)

Plano activo 3 (Versión Video)

Como complemento fotográfico deste último plano podes ollar a vista aérea que temos na sección "FOTOS DE OURENSE". (Podes ir desde o Menú principal, pero tamén tés aqui un atallo)

Índice

© M.D.Q.-2007