As varias Burgas de Ourense

(2)    "A CIDADE DAS BURGAS"

(3)    OS MANANCIAIS

(4)    PROCEDENCIA DESTAS AUGAS

(1)    A PALABRA BURGA


Hoxe a palabra ‘burga’ percíbese coma un topónimo, pero antes foi un substantivo común (feito que non tén nada de raro), coma aínda se ve no Dicionario da R.A.E:
"Burga (Tal vez del vasc. bero-ur-ga, lugar de agua caliente) f. Manantial de agua caliente. Las BURGAS de Orense."

Pola súa parte o “Diccionario Enciclopédico Larouse” explica:
"Burga. n.f.s. Manantial caliente mineralizado (Son frecuentes a lo largo de las dislocaciones del macizo Galaico. Son célebres las burgas de Orense y La Toja.)"

Sebastián de Covarrubias, no seu "Tesoro de la lengua castellana o española", o primeiro diccionario monolingüe de castelán, publicado en 1611, xa dicía:
Burgas. Las fuentes del agua caliente que pasa por mineros de piedra sulfure o piedra azufre, ...".

Sen embargo (e a pesar das connotacións con Galicia que parece ter a palabra) non aparece definida en ningún dos dicionarios galegos modernos (incluidos RAG, Volga, etc.). Si aparecía no de Eladio Rodríguez González, "Diccionario enciclopédico gallego-castellano", onde se le:
"Burga s.f. Manantial o nacimiento de agua caliente."
Nunha segunda acepción pón BURGAS s.f.pl. e aí describe as Burgas coñecidas de Ourense, as do centro.

Tamén no "Diccionario Galego-Castelán" de X.L. Franco Grande:
"BURGA. s.f. Manantial o nacimiento de agua caliente."

Pola súa parte no traballo do P. Crespo Pozo ("Nueva contribución a un vocabulario Castellano-Gallego") a voz burga non aparece, pero a voz castelá TERMAS está traducida como Burgas, caldas, caldelas.

Se nos remontamos no tempo vemos que o Bachiller Olea (preceptor dos fillos do Conde de Lemos) xa definía cara 1536, no que probablemente sexa o primeiro vocabulario galego, a palabra Burga, como "fuente de agua hirviendo".

En portugués, nun “Dicionario Espanhol-Portugués”, Cuyás, lese:
"burga, f. Termas, fonte de águas termais."

Ourense (todo o Concello de Ourense) é o lugar onde máis se usa a palabra, pero tamén se pode oir noutos sitios (A Toxa, Cuntis, Molgas, ...) nos que se emprega para referirse a determinados mananciais da localidade.

A partir das citas reseñadas poderíase establecer un debate, dende logo que intranscendente, sobre se a palabra 'burga' é hoxe nome común ou nome propio. Hai que salientar dúas cousas: 1º, é un localismo, co cal resulta comprensible que as xentes foráneas entendan que se corresponde con un topónimo e 2º, designa a un número (de obxectos) que é limitado no espazo e permanente no tempo, o que quere dicir que ó referirse sempre (xeración tras xeración) ós mesmos "obxectos" parece que os estamos "particularizando" o que sería unha característica do nome propio.

Respecto á orixe da palabra non hai unanimidade. Vimos a proposta da R.A.E. sobre unha procedencia vasca (¿ibera?) mentres outros falan dun celta ‘beru’, que quere dicir ‘quente’. Pero a opinión máis probable é a dun baixo latín ‘burca’, que significa ‘pía’. (Que puido ser común a todos os romances peninsulares aínda que cun uso máis habitual na zona do galego.)


subir avanzar      

Ver tamén nesta web:
            O epígrafe As orixes. As Burgas, en Estampas Urbanas, (MEMORIA DE OURENSE) e
            o cadro de Instalacións de augas minero-medicinais de Galicia.

SAIR

© M.D.Q.-2010