Enlace/hipervínculo.   Hipertexto (*).

Enlace ou hipervínculo.- (En inglés: link) Chámaselle tamén vínculo, empate, hiperenlace ou vencello. É aquel elemento dun documento electrónico capaz de nos enviar a outro recurso, por exemplo, outro documento da World Wide Web ou un punto determinado do mesmo documento.
Os enlaces son un recurso característico da informática en xeral e de Internet en particular. É unha utilidade que, por exemplo, non teñen os libros. (Hai algúns libros xuvenís que tratan de imitar estas cualidades e rematan os capítulos con frases como "Se queres enfrontarte o dragón vai á páxina 100 e se queres fuxir vai á 150".)
A localización dun enlace na pantalla pode estar nun texto (que así se chama hipertexto) ou nunha imaxe (xeralmente un icono, un botón ou unha miniatura.)
[Portugués: ligação]

* Hipertexto.-É o nome que recibe aquel texto que está subordinado a un hipervínculo, ou sexa, calquera texto dispoñible na World Wide Web que conteña enlaces a outros documentos.
Os navegadores web normalmente móstrano con algunha característica distintiva, como pode ser unha cor diferente ou un subliñado. Esta característica pode estar controlada polo autor do documento.

Enlace o hipervínculo.- (En inglés: link) Se le llama también hipervínculo, vínculo o hiperenlace. Es aquel elemento de un documento electrónico capaz de enviarnos a otro recurso, por ejemplo, otro documento de la World Wide Web o un punto determinado del mismo documento.
Los enlaces son un recurso característico de la informática en general y de Internet en particular. Es una utilidad que, por ejemplo, no tienen los libros. (Hay algunos libros juveniles que tratan de imitar estas cualidades y acaban los capítulos con frases como "Si quieres enfrentarte al dragón vete a la página 100 y si quieres escapar vete a la 150".)
La localización de un enlace en la pantalla puede estar en un texto (que así se llama hipertexto) o en una imagen (generalmente un icono, un botón o una miniatura.)

* Hipertexto.- Es el nombre que recibe aquel texto que está subordinado a un hipervínculo. O sea, cualquier texto disponible en la World Wide Web que contiene enlaces a otros documentos.
Los navegadores web normalmente lo muestran con alguna característica distintiva, como pueden ser un color diferente o un subrayado. Esta característica puede estar controlada por el autor del documento.

  Anterior   Continuación