OURENSE -EVOLUCIÓN URBANA   (3)

 

1943.-

Anexión de Canedo.

Aparte da inclusión do propio Ponte Canedo a cidade víuse incrementada con unha chea de núcleos e lugares, daquela periféricos, pero que hoxe, a maioría, están tramados no gran rueiro continuado: Peliquín, Oira, O Vinteún, Valdorregueiro, O Bellao, As Tapias, A Chapa, Guizamonde, Eiroás, Quintián, Ribeiriño, Chavasqueira, Santa Ana, San Pedro, Bobadela, Casteadona, O Paraiso, Rezavella, Tarascón, O Pino, Quintela, etc

 

1943-1960.-

 

Novas rúas no centro: Parada Justel, Dr. Fleming,  Manuel Pereira, Habana …

Novos barrios: Mariñamansa, Bonhome, Polvorín, Couto, Av. Portugal, Pardo Bazán, Cruz Alta, Cra. da Granxa, Cra. da Lonea, etc.

 

 

1945.- Primeiros trámites para abrir Dr. Marañón.

1947.- Edificio de Correos (en terreos da Alameda).

            Vivendas militares no antiguo Campo Loña. (Esquina C. E. Ferreiro e Cra. da Lónea.)

1948.-  Edificio Goberno Civil (en terreos do Campo de San Lázaro).

            Remate viaducto.

1949.-  Continuación Rúa do Mercado (en Ponte Canedo.)

1952.- Remate da estación nova de A Ponte, chamada “Orense-Empalme”, a cal substitúe á vella ata entón existente.

            Desmonte Capela San Lázaro para o seu traslado a Peliquín.

1954.- Cesión ó Concello de parte dos terreos da antiga estación do F.C. Cedida outra parte, anos máis tarde, ó Ministerio de Educación Nacional.

            Grupo de Casas Baratas no Polvorín.

1956.- Rúa Valle Inclán.

1957.- Inauguración da estación de F.C. de San Francisco e do tramo Ourense-Puebla de Sanabria.

            Prolongación Rúa Remedios.

1958.- Inauguración tramo FF.CC Ourense-Santiago.

            Remate da Av. da Habana. (Feita en varias fases separadas).

            Grupo de Vivendas Virxe de Covadonga, en Guizamonde.

1959-1960.- Rúa Diagonal ou Xoán XXIII

1960.- Rúa Pena Trevinca e demais do barrio San Francisco.

            Diagonal das Lagoas. (Variante estrada Ponferrada).

 

1960-1980:

Crecemento espectacular. Múltiples urbanizacións en zonas limítrofes  (Araujo, Campello, Carballeira, Camelias, Vista Alegre, Fonte do Monte, Penarredonda,  A Cuña, Os Rosales, Santo Cristo,  Piñeiro, Lombardero, Saco Pato, Vista Hermosa, Finca Acevedo, Areal, A Piñeira, etc.) e incremento construcción en zonas intermedias (Alejandro Pedrosa, Río Búbal, Cra. Quintián, Finca Villarino, Marcelo Macías, etc.)

Infraestructuras destes anos: Encoro de Velle con paso pola presa, Accesos a Galicia polo oeste da cidade, canalización Barbaña, aproveitamento terreos antiga estación (Zona escolar e parque público), …

 

1960-1970: Incremento edificación en zonas urbanizadas: Av. Buenos Aires, Bedoya-Pardo Bazán, Juan XXIII-Habana, Saenz Díez, Av. Portugal, Mariñamansa, Vinteún, O Couto, A Carballeira, …

1961.- O Plan General de Ordenación Urbana deste ano prevía un gran parque na ladeira de Vilar de Astrés (uns 400.000 m2), pero, ó final, o que alí ubicaron foi o vertedoiro municipal.

1962.- Igrexa de Fátima.

1960-1971.- Polígono de As Lagoas.

1962.- Santuario de Fátima no Couto.

1965.- Ponte do Ribeiriño (“Novísimo”) e circunvalación oeste-estrada de Madrid-.

1966.- Inícianse as xestións para un Polígono Industrial en San Cibrao das Viñas. Inda que se trate doutro Concello terá efectos na capital polos terreos que liberará. A súa construcción iniciarase en 1974.

1967.- Inauguración Pavillón dos Deportes no Campo dos Remedios.

1968.- Inauguración Torre de Ourense.

            Residencia Sanitaria Virxe do Cristal.

            Pérdese a maior parte da Alameda do Cruceiro polo “Palacio de Justicia”.

            Traslado nocturno da estatua de Concepción Arenal.

1970-78.- Barrio Ponte Pelamios, Urb. Barrocás e Cuartel G. Civil.

1971-1978.- Ampliación, en distintas etapas, do Plan Parcial para o Polígono residencial de As Lagoas

1972.- Praza San Martín e escalinata Catedral pola porta Oeste.

1974.- Universidade Laboral.

1979.- Hospital Provincial Sta. Mª Nai.

3-5-79.- Constitución primeiro Concello democrático.

 

1980-2000.-

Incremento de zonas xa iniciadas (Cruz Alta, Guizamonde, O Pino, Cra. da Granxa, etc.…) e urbanización de novos espacios: Finca Mende,  Rabo de Galo (tras estadio), Cabeza de Vaca, etc.

 

1990.- Campus da Universidade de Vigo no antigo hospital.

1991.- Estación de autobuses no Pino.

1995.- Empezan as obras de acondicionamento das ribeiras e paseos do Miño (continuadas ata o presente en distintas actuacións).

1996.- Ponte de Velle sobre o Miño (entre a N-120 e a N-525).

            Expo-Ourense.

1998.- O Concello aproba un atentado ecolóxico: a ubicación do Centro Comercial Ucosa na ribeira esquerda do Miño e ocupando un camiño histórico.

1999.- Parque do Barbaña.

2000.- O Campus Universitario comeza as obras da súa expansión ó outro lado da estrada de Trives.

 

2000-2007

2001.- Ponte do Milenio.

          Centro Comercial “Ponte Vella”

2003.- Pasarela do Vao.

2005.- Auditorio- Pazo de Congresos Municipal (en San Francisco).

2006.- Pasarela sobre o Miño en Outariz.

 

SAÍR