MEMORIA DE OURENSE    


Evolución urbana


Xuño-Outubro, 2007.-- Presento un plano dinámico que trata de reflexar (grosso modo) o desenvolvemento urbano da cidade de Ourense ó longo do tempo. É unha serie de tres capítulos. O primeiro comeza co Ourense que deixou o bispo D. Lourenzo. Deste bispo, que rexeu diócese e cidade dende 1213 ata 1248, poderíase decir que foi un refundador de Ourense. Aparte de rehabilitar a Ponte Romana (que estaba derruida), de reconstruír ca traza actual o pazo episcopal (hoxe Museo Arqueolóxico) e de darlle un gran pulo á Catedral, foi un eficaz impulsor da urbe, ata tal xeito que a estructura e os lindes que el deixou son os que se mantiveron permanentes ata ben entrado o século XIX.

O segundo capítulo da serie comeza ca chegada do ferrocarril (daquela, a modernidade) no ano 1881 e o terceiro, en 1943, coa anexión do Concello de Ponte-Canedo.

Setembro, 2008.-- Engado un novo plano, máis hipotético que documentado, que mostra os estados previos ós outros tres. Abarcaría dende os comezos ata 1248.

Cada capítulo consta de dous arquivos: Un GUIÓN orientativo e o seu correspondente PLANO ACTIVO.

Do principio a 1248 (Ver Historia )  
Plano activo 0 (Video)

De 1248 a 1880Guión 1 
Plano activo 1 (Video)

De 1881 a 1942Guión 2  
Plano activo 2 (Video)

De 1943 a 2007Guión 3  
Plano activo 3 (Video)



Índice

© M.D.Q.-2007