logo
canedo.eu

Comarca do Baixo Miño

PROVINCIA    

C. Baixo Miño

      LENDA   


Comarca máis ao sur da Provincia (que non da Comunidade) marcada polo río Miño no seu curso final (feito que lle da nome). Pola banda esquerda dese río é Portugal. O único co resto de Galicia e o linde norte compartido con Vigo (agás un pequeno contacto co Condado). Polo oeste é todo litoral atlántico, rectilíneo e aberto, totalmente distinto do do resto de Galica xa que non ten nin recovecos nin rías.


Concellos e datos da Comarca do Baixo Miño
Concellos Superficie 
(KM2)
 Habitantes 
(2019)
 Habitantes 
(2021)
Nº de
Parroquias
A Guarda  20,50  10.025   9.991   3
Oia   83,30    3.049    3.104   6
O Rosal  44,13   6.289    6.376   4
Tomiño 106,61  13.566  13.730  15
Tui  68,32  17.323  17.398  12
         TOTAIS 322,86 50.252  50.599 40

XENTILICIOS DOS CONCELLOS: Guardés/guardesa; oiense; rosaleiro/rosaleira; tomiñés/tomiñesa; tudense.

PERFIL.- Tal coma o seu nome indica correspóndese a comarca co último tramo do río Miño. A súa desembocadura na Guarda forma un amplo esteiro compartido con Portugal. Na costa o monte de Santa Tegra domina parte da comarca e no interior, cara o norte, sobresaen as Serras de Groba e Galiñeiro.
A posición e topografía da comaca propician un clima local de tipo subtropical que favorece cultivos hortícolas, frutais (mirabeis ou kiwis, por exemplo), vinícolas (é famoso o viño do Rosal), florais, etc.
O leste da comarca (concellos de Oia, O Rosal e A Guarda) ábrese ao Atlántico, nun litoral rectilíneo distinto do do resto de Galicia. No interior (concellos de Tomiño e Tui) abondan os abrigados vales dos moitos regatos que baixan na busca do río Miño.
No conxunto da comarca atópanse 16 praias, das cales somente 4 (1 no Rosal e 3 na Guarda) son de mar aberto. As outras 12 sitúanse ou ben en puntos da desembocadura do Miño ou ben repartidas río arriba, ata Tui.
No recuncho máis ao suroeste, dominando a Vila da Guarda, o monte de Santa Tegra aporta un testemuño do remoto pasado: unha acrópole da cultura castrexa, un poboado celta reconstruído. Río arriba, a cidade de Tui tamén lembra tempos (estes medievais) nos que o inimigo estaba no outra beira do río como o proba a súa catedral con formas de fortaleza. Tui, capital da comarca, é unha das cidades históricas de Galicia (foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833), sé episcopal, tradicional paso fronteirizo e principal centro comercial da comarca.
No eido económico destacan a produción pesqueira da Guarda (coa frota palangreira adicada ao peixe espada) e os viños do Rosal incluídos na denominación de Orixe Rías Baixas como unha sub-zona. Hai un Parque Empresarial no Sobral, Concello de Tomiño, e catro Polígonos Industriais no de Tui (Areas, Ribadelouro e A Gándara e Os Viveiros en Guillarei).


FEIRAS DE MES

Lugar celebraciónDías de cada mes
O Rosal2 e 18
Tomiñomércores
Goián (Tomiño)venres
Tui9 e 22

DATOS MACROECONÓMICOS (2.018).- O PIB da comarca deste ano foi de 753.937 miles de €, o que supón 14.765 € por habitante. O sector considerado coma prioriario nese ano foi o de "Industrias extractivas e fabricación de outros produtos minerais non metálicos" que representou o 1,30 % do total comarcal.
Ver Cadro comparativo do número de empresas

MONUMENTOS.-
A Guarda: Castro, Museo Promonte, Ermida e Ruinas Arqueolóxicas de Santa Tregra (BIC); Castelo de Santa Cruz (S. XVII)(BIC); Grabado Rupestre (BIC);Torre do Reloxo (defensiva medieval); Palacio dos Condes de Priego; Convento de San Bieito (hoxe hotel monumento).
O Rosal: Muiños do Folón(BIC) (36) e do Picón(BIC) (31), na parroquia de Santa Mariña.
Oia: Petróglifos (en 5 lugares) (BIC's); Mosteiro de Santa María A Real (mosteiro defensivo da Idade Media, fachada barroca)(BIC); Castelo de Torroña (BIC).
Tomiño: Castelo de Tebra (BIC); Grabado Rupestre en San Cristobal de Goián (BIC's); Castelo de Concepción (Goian) (BIC); Igrexa de Santa María de Tomiño,románica, s. XII; Santuario de San Campio de Lonxe (s. XIX). .
Tui: Conxunto Histórico da Cidade de Tui (BIC); Petróglifos Rozacus (BIC); Catedral de Santa María (desde 1120, románico e gótico primitivo, aspecto de fortaleza)(BIC); Convento de Santo Domingo (BIC); Fortaleza do Monte Aloia (BIC); Igrexa de San Telmo (estilo barroco portugués); Ponte internacional (s. CXICX); Balneario de Caldelas de Tui.

FESTEXOS MÁIS SONADOS:

Festa da lagosta e da cociña mariñeira. A Guarda. (xullo) [FIT]Descenso internacional do Miño. Tui [FIT]
Feira do viño do Rosal. O Rosal (xuño) [FIT] Festas Patronais de San Telmo en Tui (final semana santa) [FIT]
Festa do Monte Santa Trega. A Guarda (2º domingo agosto) [FIT] Romaría de San Xián. Monte Aloia. Tui (27/1)
Romaría da Virxe das Angustias. Monte Aloia. Tui (xullo)San Antonio. Pazos de Reis (Tui)
San Bartolomeu. Rebordáns (Tui)San Martiño. Caldelas (Tui)
Festas da Virxe da Guía. A Guarda (setembro)Festas das Mercedes. A Guarda (setembro)
Rapa das Bestas: en Oia, Valga, Torroña e Mougás (maio e xuño)Festa do Peixe Espada, A Guarda (xullo)

Perspectiva desde o monte Aloia (Tui) - Val do Miño.

   Foto: propia



Santa Trega por riba da Guarda

   Foto: propia

Tui e o río Miño

   Foto: propia

Catedral de Tui

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta

Praza do Calvario - O Rosal

   Foto:Turismo de Galicia - Xunta

Igrexa parroquial de Randufe (Tui)

   Foto: Propia

Muíños do Folón - O Rosal

   Foto cedida por Rutea

Vista de A Guarda

   Foto: Agader - Xunta de Galicia

WEBS ALLEAS:

Concello da Guarda       Concello do Rosal       Concello de Tomiño       Concello de Tui



Retroceder                      Cerrar                      Seguir