logo
canedo.eu

Comarca do Condado

PROVINCIA    

C. Condado

      LENDA   


É unha das 3 comarcas pontevedresas que lindan con Portugal. Ao leste ten A Paradante e ao Norte e ao oeste, a Comarca de Vigo. (Polo sur ten un tramo moi pequeno que linda co Baixo Miño.)


Concellos e datos da Comarca do Condado
Concellos Superficie 
(KM2)
 Habitantes 
(2019)
 Habitantes 
(2021)
Nº de
Parroquias
Mondariz  85,10  4.410    4.394  12
Mondariz-Balneario    2,31      637        675    1
As Neves  65,50  3.803     3.770  13
Ponteareas125,6022.940   22.942  24
Salvaterra de Miño  62,50  9.990   10.048  17
        TOTAIS 341,01 41.780   41.829   67

XENTILICIOS DOS CONCELLOS: Mondarizán/mondarizá, mondaricense; troncosiño/troncosiña, mondaricense; nevés/nevesa, nevense; ponteareán/ponteareá; salvaterrán/salvaterrá, salvaterrense

.

PERFIL.- Esta comarca correspóndese co histórico Condado de Tea, territorio natural do val dese río. O Tea procede do Faro de Avión (na provincia de Ourense) e baixa cara o Miño (que circunda dous dos concellos da comarca), primeiro por pronunciados declives e logo por unha fértil chaira na que abondan os viñedos e onde está asentada Ponteareas, a capital e centro económico da comarca. Eses viños teñen unha festa de exaltación, “A Festa do Viño do Condado do Tea”, que se celebra en Salvaterra en Agosto.
Ponteareas é coñecida internacionalmente polas alfombras florais das rúas na festividade do Corpus Christi.
Nesta comarca radica o Concello máis pequeno de toda Galicia, o de Mondariz-Balneario, de 2,31 Km2, froito dunha escisión do de Mondariz. Nel estableceuse o maior complexo hoteleiro da Comunidade con hoteis, balnearios, instalacións varias, campo de golf, Centro de Congresos, restaurantes, etc.
En Vilasobroso (Mondariz) o castelo de Sobroso, lembrando poderes doutras épocas, vela pola comarca desde a súa altura ollando varios quilómetros ata a fronteira con Portugal.
Hai un Polígono Industrial en Ponteareas (A Lomba), outro en Salvaterra (Chán da Ponte) e ocupando terreos de As Neves e Salvaterra sitúase a Plataforma Loxística PLISAN dependente do porto de Vigo.

:

FEIRAS DE MES

Lugar celebraciónDías de cada mes
Mondariz12 e último domingo
As Neves os venres
Salvaterra do Miño5 e 18
Ponteareas14 e último sábado

DATOS MACROECONÓMICOS (2.018).- O PIB da comarca deste ano foi de 562.256 miles de €, o que supón 13.138 € por habitante. O sector considerado coma prioriario nese ano foi o da "Industria agroalimentaria" que representou o 3,80 % do total comarcal.
Ver Cadro comparativo do número de empresas

MONUMENTOS.-
Mondariz: Castelo de Sobroso (S. XII); Dólmenes de Campo do Mouro (en Mouriscados); Igrexa de Santa Baia, orixe barroca e reformas neoclásicas; Igrexa de San Fiz de Lougares, barroco rural; Ponte de Cernadela, sobre o Tea, de orixe romana con modificacións dos ss. XV, XVII e XVIII.
Mondariz-Balneario: Gran Hotel do Balneario, Pazo da Auga, Fonte de Gándara e Fonte de Troncoso.
As Neves: Petróglifos (7)(BIC's); Torre de Sequeiros (BIC); Ponte de As Puntaleiras (medieval, sobre o río Termes); Igrexa de San Xoán de Rubiós, barroca.
Ponteareas: Petróglifos (2)(BIC's); Castro de Troña(BIC); Mosteiro de San Diego de Canedo (estilo barroco, S. XV, en activo -franciscanos-); Igrexa de San Pedro de Angoares (románico S. XII reformado); Igrexa de San Salvador de Padróns, de orixe románica con reformas barrocas; Igrexa do Doce Nome de Xesús, barroca, s. XVIII (no castro de Troña); Igrexa de San Xulián de Guláns, neoclásica de 1840.
Salvaterra de Miño: Castelo de Santiago de Aitona (BIC); Castelo medieval do Conde (BIC); Igrexa de San Xoán de Fornelos, barroca; Capela da Asunción de Monte Castelo, costruída debaixo dun gran penedo.

FESTEXOS MÁIS SONADOS:

Corpus Christi en Ponteareas. Alfombras florais. [FITI] Festa do Requeixo e do Mel. As Neves (venres santo) [FIT]
Romaría de Santa Marta de Ribarteme. As Neves (29/7) [FIT] Festa do Viño do Condado do Tea. Salvaterra de Miño (final de agosto) [FIT]
Entroido, en Salvaterra de Miño

Río Miño ao seu paso por Salvaterra

   Foto: Agader - Xunta de Galicia

Ponte sobre o río Tea

   Foto: Agader - Xunta de Galicia

Muíños nas Neves

   Foto: Agader - Xunta de Galicia

Castro de Troña - Ponteareas

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta de Galicia

Mosteiro de S.Diego de Canedo - Ponteareas

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta de Galicia

Castelo do Sobroso - Mondariz

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta de Galicia

Igrexa de S. Fiz de Lougares - Mondariz

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta de Galicia

Complexo Balneario - Mondariz-Balneario

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta de Galicia

Fonte de Gándara - Mondariz-Balneario

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta de Galicia

WEBS ALLEAS:

Concello de Mondariz             Concello de Mondariz-Balneario             Concello de As Neves             Concello de Ponteareas             Concello de Salvaterra de Miño



Retroceder                      Cerrar                      Seguir