logo
canedo.eu

Comarca da Paradanta

PROVINCIA    

C. Paradanta

      LENDA   


Comarca encaixada entre Portugal (ao sur), provincia de Ourense (ao leste) e a comarca de Vigo (polo Norte e Oeste). É a Comarca de toda a Provincia con menor número de habitantes.


Concellos e datos da Comarca da Paradanta
Concellos Superficie 
(KM2)
 Habitantes 
(2019)
 Habitantes 
(2021)
Nº de
Parroquias
Arbo  42,66   2.576    2.599    6
A Cañiza 105,04    5.122    5.115    9
Covelo 134,70   2.368   2.455  14
Crecente   57,46   1.994    1.961  11
        TOTAIS 339,86 12.060  12.130  40

XENTILICIOS DA COMARCA E DOS CONCELLOS:
        Paradantés/paradantesa.
        Arbés/arbesa, arbense; canizán/canizá, canicense; covelán/covelá, covelense; crecentense.

PERFIL.- Poderíamos dicir que é a Comarca da Cañiza, pero leva o nome dos montes chamados A Paradanta, nos que destacan os cumios do Alto da Cruz (1095 m), Coto Redondo (941 m), Coto da Vella (926 m) e Chan do Rei (954 m). Dende eles as vistas son extensas e valiosas. Entre os pregues dos montes corren múltiples regatos regando vales de recorrido corto e pendente. Nas ladeiras orientadas cara o sur abondan a gandería e os viñedos. Tamén na zona baixa, no curso do Miño, pódense ver os restos de antigas “pesqueiras”, romanas ou medievais.
O santuario da Franqueira, referente espiritual da comarca, asenta na igrexa dun mosteiro desaparecido.
A gastronomía da zona merece ser recordada: A Cañiza polo bon xamón, Arbo pola lamprea e o viño, Crecente polo “pito á brasa”, o seu prato máis tradicional, e Covelo pola carne da afamada Rubia Galega. En Arbo pódese visitar o museo Arabo, Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea.
No Concello da Cañiza atópase o Parque Empresarial da Uceira e o Polígono Industrial de Ribadil. Arbo ten outro Polígono Industrial.
En Arbo hai unha ponte internacional sobre o Miño que conecta coa localidade portuguesa de Melgaço.


FEIRAS DE MES

Lugar celebraciónDías de cada mes
A Cañiza 6 e 20
Arbo Último mércores
Covelo 8 e 21

DATOS MACROECONÓMICOS (2.018).- O PIB da comarca deste ano foi de 188.615 miles de €, o que supón 12.173 € por habitante. O sector considerado coma prioriario nese ano foi o da "Enerxía, suministro de auga e xestión de residuos" que representa o 10,80 % do total comarcal.
Ver Cadro comparativo do número de empresas

MONUMENTOS.-
Arbo: Petróglifos de San Xoán; Ponte de San Xoán de Mourentán (do S. XVIII sobre outro romano, no río Deva); Capela de San Felipe, barroco rural, reedificada no s. XVIII; Igrexa parroquial de Santa María, barroco do XVIII; Conxunto arquitectónico de Sela (ermida de Santa Sabela, praza, cruceiro, peto...).
A Cañiza: Santuario da Virxe da Franqueira (unha das máis populares devocións marianas de Galicia); Igrexa de Santa Cristina de Valeixe (románico e barroco); Pazo do Conde de Cervellón (en Parada de Achas).
Covelo: Petróglifos (2)(BIC's); Igrexa de San Martiño e Pazo Abacial (reitoral) de Barcia de Mera, barroco rural con inscrición de 1752; Ermida de Nosa Señora da Escravitude de Lourido, barroco s. XVII; Igrexa de San Salvador de Maceira con cruceiro de gran valor artístico; Igrexa barroca de San Bernabé da Graña, Covelo
Crecente: Ermida da Virxe do Camiño, medieval, con fachada de transición románico-gótica; Igrexa de San Xoán de Albeos de orixe románica con modificacións barrocas.

FESTEXOS MÁIS SONADOS:

Festa da Lamprea, Arbo (finais abril) [FITN] Feira do Xamón. A Cañiza (15/8) [FIT]
Romaría da Virxe da Franqueira (A Cañiza) [FIT] Festa do Santísimo Cristo da Agonía. A Cañiza (xullo)
Curro da Paradanta, en Luneda, A Cañiza (agosto) Festa de San Pedro. Crecente (29/6)
Romaría de San Xosé. Crecente (marzo)


Romaría da Virxe da Franqueira

    Foto: Agader - Xunta de Galicia

Carballeira na serra do Faro

    Foto: Agader - Xunta de Galicia

Restos pesqueiras romanas no Miño

    Foto: Agader - Xunta de Galicia

Igrexa de San Cristovo - Arbo

    Foto: Turismo de Galicia - Xunta de Galicia

Capela da Xestosa - Covelo

    Foto: Turismo de Galicia - Xunta de Galicia

Capela de Sta. Isabel - Arbo

    Foto: Turismo de Galicia - Xunta de Galicia

Portada de Sta. María da Franqueira - A Cañiza

    Foto: Turismo de Galicia - Xunta de Galicia

WEBS ALLEAS:

Concello de Arbo       Concello da Cañiza       Concello de Covelo       Concello do Crecente



Retroceder                      Cerrar                      Seguir