logo
canedo.eu

Comarca de Vigo

PROVINCIA    

C. Vigo

      LENDA   


A comarca de Vigo, a máis poboada non só da provincia senón de toda Galicia, exténdese, de lado a lado, desde o mar (todo o flanco sur da ría de Vigo) ata un pequeno linde coa provincia de Ourense. Ademais linda ao Norte coa Comarca de Pontevedra, ao leste coas da Paradanta e O Condado e o sur co Baixo Miño. Todo o seu oeste (nunha diagonal SO-NL) é lítoral da ría homónima.
É unha comarca que aglutina no seu seo diversas bisbarras ou comarcas naturais históricas (aínda que nalgún caso os lindes non coincidan con exactitude). Enumerámolas na taboa seguinte (de N. a S.).


Concellos e datos da Comarca de Vigo
Concellos Bisbarra
natural
 Superficie 
(KM2)
 Habitantes 
(2019)
 Habitantes 
(2021)
Nº de
Parroquias
Pazos de Borbén Mañó   50,00      2.965      2.975    8
Redondela Mañó    52,10     29.241    29.192   13
Soutomaior Mañó   25,00     7.426     7.482    2
Fornelos de Montes Montes    83,10       1.598     1.594   7
VigoVal do Fragoso  109,06 296.692   293.837  22
Mos A Louriña   53,20   15.306     15.190  19
O Porriño A Louriña  61,20    18.898    20.212   8
BaionaVal Miñor  34,50   12.122    12.286   6
GondomarVal Miñor 74,50  14.286    14,920   6
NigránVal Miñor    34,80    17.675      18.005    7
Salceda de Caselas Terra da Entenza 35,90     9.173     9.249  7
         TOTAIS613,36 425.381   424.942 100

XENTILICIOS DOS CONCELLOS (Na orde do cadro anterior): Paceiro/paceira, pacense [máis ben é de Badajoz]; redondelán/redondelá; soutomaiorán/soutomaiorá, soutomariorense; fornelán/fornelá, fornelense; vigués/viguesa, olívico/olívica; mosense; porriñés/porriñesa; baionés/baionesa; gondomarés/gondomaresa, gondomarense; nigranés/nigranesa; salcedán/salcedá, caseleiro/caseleira, salcedense.

PERFIL.- É a comarca (11 concellos) de máis poboación de toda Galicia. Tamén a de maior densidade de poboación da provincia (pero non de Galicia xa que este dato lle corresponde á Coruña). Hai que distinguila da Área Metropolitana de Vigo, xa que son conceptos e límites distintos. Na “Área” habería que incluír Cangas, Moaña e Salvaterra de Miño, asignadas a outras comarcas (Morrazo e Condado), pero moi vencelladas economicamente a Vigo.
Como xa se dixo máis arriba esta comarca concentra varias pequenas bisbarras históricas: o Val do Fragoso (parroquias hoxe viguesas de Lavadores e Valadares), o Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar no val do río Miñor), o Val da Louriña (concellos de Mos e Porriño regados polo río Louro), a Terra de Mañó (en Redondela), as terras de Soutomaior (no val do río Oitavén), unha parte da Terra de Entenza (Salceda de Caselas) e o Concello de Fornelos de Montes.
Todo ese conxunto de espazos foi urbanizado, aínda que en diferentes graos. Nesa extensa área, urbana ou semi-urbana, foise desenrolando unha economía múltiple e heteroxénea, con especial incidencia nos sectores pesqueiro, industrial, de construción naval e de servizos. O porto de Vigo está considerado por algúns como o primeiro porto comercial pesqueiro do mundo e os estaleiros da ría compiten en primeira liña nacional. Así mesmo a comarca despunta na transformación e comercialización do granito (en Porriño), na industria química e farmacéutica (en Mos e Porriño), na industria téxtil, na editorial, etc. O Consorcio da Zona Franca de Vigo, institución pública fundada en 1947, engloba máis de 600 empresas en distintos parques empresariais: Balaídos (onde está a Citroen), a Área Industrial Bouzas (coa sede da Zona Franca) e Valadares (Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo) en Vigo; Parque Empresarial Porto do Molle en Nigrán, Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN) en Salvaterra e As Neves, etc.
Á parte na comarca hai outros Polígonos (as veces con participación do Consorcio da Zona Franca): Parque Comercial Meixueiro, Polígonos Industriais de Caramuxo, Bagunda (Lavadores), Cotogrande (Cabral), Miraflores (Sárdoma) e Seixiños (Beade) no propio concello de Vigo; As Gándaras, a Granxa e o Sur Ppi7, en Porriño; Rebullón, A Portela, Montefaquiña e Veigadaña, en Mos; A Pasaxe, en Gondomar; Amoedo, en Pazos de Borbén e Cerquido, en Salceda de Caselas.
Todos os concellos con fronte marítimo teñen incidencia no turismo, especialmente no verán, gracias as praias -de moi diversa índole- que hai desde Soutomaior ata Baiona, cun total de 83. As Illas Cies, pertencentes ao Concello de Vigo, ancoradas na boca da ría, forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Precisamente en Vigo está a Sede dese Parque Nacional. Este foi declarado como tal o 1 de Xullo de 2002. Forman parte del catro arquipélagos: Cíes (na boca da ría de Vigo), Ons (na boca da de Pontevedra) e Cortegada e Sálvora (na ría de Arousa). Destes dous o primeiro é provincia de Pontevedra e o segundo, da Coruña. Este Parque é o único Nacional que hai en Galicia e, en orde cronolóxica, é o decimoterceiro de España.


FEIRAS DE MES

Lugar celebraciónDías de cada mes
Vigo14 e 28
Bouzas (Vigo)domingos
Coia (Vigo)mércores
Pazos de Borbén3 e 8
Redondela6 e 21
Sabarís (Baiona)luns
Chapela (Redondela)2 e 16
Arcade (Soutomaior)13 e 26
Gondomar11, 20 e 29
Salcela de Caselas13 e último mércores

DATOS MACROECONÓMICOS (2.018).- O PIB desta comarca neste ano chegou á cifra de 10.722.299 miles de €, o que supón unha media de 25.892 €. por habitante. O sector considerado coma prioriario nese ano foi o de "Fabricación de material de transporte e grandes reparacións industriais" (no que se encadra a fabricación de coches e os estaleiros) que representou o 9,40 % do total.
Ver Cadro comparativo do número de empresas

MONUMENTOS.-
Baiona: Conxunto Histórico (BIC); Parador de Turismo "Conde de Gondomar" (na Fortaleza de Monte Real, do s. XVI); Casa da Cultura (no antigo Hospital Sancti Spiritus); Ex-colexiata de Santa María (románica); Museo da Carabela Pinta; Virxe da Rocha (15 m de altura); Ponte Vella de Sabarís, medieval.
Fornelos de Montes: Pontella do Couñago (s. XVIII).
Gondomar: Petróglifos (en 3 montes distintos)(BIC's); Castelo fortaleza de Monte Galiñeiro(BIC); Pazo do Conde de Gondomar(BIC); igrexa de Santa Baia de Donas, do s. XII.
Mos: Ermita da Pena de Francia (1767); Igrexa de Santa Baia de Mos (s. XVI, barroco).
Nigrán: Petróglifos do Monte do Trarrastal (BIC); Torre de Méndez (en Camos, ruinas) (BIC); Restos da Igrexa Visigótica de Panxón (BIC) e Templo Votivo do Mar (en Paxón, obra de Antonio Palacios, 1932-1937); Pazo de Cadaval - Urzaiz (BIC); Pazo de Nigrán ou de Cea (BIC); Iglesia románica de Parada (S. XIII); Monumento da Mariña Universal, no montículo de Monteferro; Ponte da Ramallosa (construida no S. XIII e reedificada no XX que comunica Nigrán e Baiona.); Capela das Angustias de San Fiz, barroco do s.XVIII.
O Porriño: Petróglifos do Monte Castelo (BIC); xacemento Paleolítico das Gándaras de Budiño (BIC); Casa do Concello (obra de Antonio Palacios, 1924);
Redondela: Petróglifos (Coto do Corno, Monte do Castro; Monte da Peneda, Nogueira)(BIC's).
Fornelos de Montes: Petróglifos Coto do Galo(BIC); "Viaduto de Madrid" (de 1876) e "Viaduto de Pontevedra" (de 1884), ambos ferroviarios e metálicos que atravesan o centro da vila, tendo o primeiro os piares de pedra e o segundo, metalicos.
Soutomaior: Petróglifos Pedra Dos Riscos(BIC); Castelo de Soutomayor (S. XII)(BIC); Capela do Castro (A Peneda); Pontes medievais (Pontesampaio, Oitavén e Camboa); Igrexa de Santiago, de Arcade, s.XII.
Pazos de Borbén:Petróglifos en 19 sitios distintos(BIC's); Igrexa de Santiago de Cuartos de Borbén (barroca de 1771).
Vigo: Conxunto histórico de Vigo; Petróglifos (en 3 sitios)(BIC's); Museo Municipal de Castrelos (BIC); Pazo de Santo Tomé de Freixeiro ou da Pastora (xardíns) (BIC); Parque de Quiñones de León e Pazo de Castrelos(BIC's); Conxuntos parciais do barrio vello (BIC); Igrexa colexiata de Santa Maria (gótico tardío, concatedral)(BIC); Lados con soportais da Praza da Constitucion (BIC); Ermida de Nosa Sra. da Guía; Igrexa de Santa María de Castrelos (románica); Igrexa de San Salvador de Coruxo (románica, resto mosteiro bieito); ​ Igrexa de Santiago de Bembrive (románica); Teatro García Barbón; Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, ao lado do Castro da Punta do Muíño do Vento; Monumentos-esculturas varios (aos Galeóns de Rande, a Rosalía de Castro, a Mendez Núñez, a Martín Codax, aos Cabalos, a Curros Enríquez, etc.)

FESTEXOS MÁIS SONADOS:

Arribada da Carabela A Pinta, Baiona(1/3) [FITI] Festa da Reconquista, Vigo (finais de marzo) [FITN]
Festa do San Brais de Bembrive (Vigo) (3/2) [FIT] Santísimo Cristo dos Aflixidos, Bouzas (Vigo) (Xullo) [FIT]
Festa do Choco. Redondela (1ª quincena de Maio) [FIT] Festa do Corpus Christi en Redondela ("A Coca") [FIT]
Festa da Rosa, en Mos (13/6) [FIT] Festa da Ostra de Arcade (Soutomaior) (abril) [FIT]
Virxe do Carme. Baiona (xullo)Romaría da Virxe da Rocha. Baiona (agosto)
Festa da Virxe da Anunciada. Baiona (agosto)Festa da Chanfaina e da Carne do Suído. Fornelos de Montes (xullo)
Festas de San Xoán en Panxón (Nigrán) (xuño)Festas de san Pedro da Ramallosa (Nigrán) (xuño)
Celebración do magosto en Nigrán (novembro) Festa dos Maios, en Vigo
Festa dos Maios, en Redondela

Ponte de Rande. Entre Redondela e Moaña

   Foto: propia.

Illas de S. Simón e S. Antón, Cesantes, Redondela

   Foto: propia.

"Viaducto de Pontevedra", Redondela

   Foto: propia.

Fervenza de Casariños (A Laxe - Fornelo de Montes)

   Foto cedida por Rutea

Vila de Baiona

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta

Praia de Rodas - Illas Cies

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta

Illas Cies desde o Monte do Facho (Morrazo)

   Foto: cedida por Rutea

Xardíns do Castro de Vigo

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta

Praia de Samil - Vigo

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta

Monumento aos cabalos - Pr. de España - Vigo

   Foto: propia

Vista parcial da ria de Vigo con Cangas ao fondo

   Foto: propia



Parque de Castrelos - Vigo

   Foto: Agader- Xunta de Galica

Castelo de Soutomaior

   Foto: Agader- Xunta de Galica

WEBS ALLEAS:

Concello de Baiona             Concello de Fornelo de Montes             Concello de Gondomar              Concello de Mos                   Concello de Nigrán              Concello de Pazos de Borbén               Concello de O Porriño            Concello de Redondela            Concello de Vigo



Retroceder                      Cerrar                      Seguir