logo
canedo.eu

Comarca do Morrazo

PROVINCIA    

C. Morrazo

      LENDA   


Esta comarca correspóndese co península do seu mesmo nome cuio istmo está na comarca de Pontevedra. Polo Norte ten a ría de Pontevedra, polo Sur a de Vigo e polo Oeste, mar aberto. É a comarca máis pequena de Galicia.


Concellos e datos da Comarca do Morrazo
Concellos Superficie 
(KM2)
 Habitantes 
(2019)
 Habitantes 
(2021)
Nº de
Parroquias
Bueu  30,80      11.950     11.987   6
Cangas  38,10     26.582      26.708   5
Marín  36,70      24.242      24.248   7
Moaña   35,10       19.452     19.496   5
       TOTAIS 140,10       82.226      82.439 23

XENTILICIOS DA COMARCA E DOS CONCELLOS:
    Morraceiro/morraceira, morracense;
    Bueués/bueuesa; cangueiro/cangueira, cangués/canguesa; marinense; moañés/moañesa.

PERFIL.- Esta comarca a pesar de ser a menos extensa de Galicia está densamente poboada rondando (segundo o ano) os 600 habitantes por Km2. No seu eixo central sobresaen os montes de Domaio desde onde se poden contemplar preciosas perspectivas e onde radican grandes áreas de lecer.
O carácter da organización comarcal é moi xenuíno, distinto do da maioría das comarcas. Por un lado son varias as vilas que destacan (cada unha nun eido) e, ao mesmo tempo, é moi notable a influenza e dependencia das dúas cidades, ambas moi acercadas.
Marín, ao lado de Pontevedra, destaca polo seu porto e a Escola Naval. Bueu, na ría de Pontevedra igual ca a anterior, ten tamén unha forte relación con Pontevedra. Cangas e Moaña, con portos pesqueiros e unha certa industria, estando fronte a Vigo están moi conectadas con esa cidade.
O arquipélago de Ons (illas Ons e Onza), presente na bocana da ría de Pontevedra, forma parte do Parque Natural das Illas Atlánticas. Pertence ao Concello de Bueu.
Os catro concellos son ricos en numerosas e boas praias, pero o de Cangas –dando á ría de Vigo, á ría de Aldán e a o Océano- resulta certamente privilexiado. (Cangas ten 38; Bueu, 34; Marín, 8 e Moaña, 17.)
Bueu conta co Polígono Industrial de Castiñeiras e Cangas co de A Portela.


FEIRAS DE MES

Lugar celebraciónDías de cada mes
Bueuluns e xoves
Cangasmartes e venres
Moaña11 e 28
Marínxoves

DATOS MACROECONÓMICOS (2.018).- O PIB da comarca deste ano foi de 1.319.918 miles de €, o que supón 16.153 € por habitante. O sector considerado coma prioriario nese ano foi o de "Fabricación de material de transporte e grandes reparacións industriais" o cal representou o 4,20 % do total comarcal.
Ver Cadro comparativo do número de empresas

MONUMENTOS.-
Bueu: Igrexa de Santa María de Cela (románica); Pazo de Santa Cruz.
Cangas de Morrazo: Petróglifos (9) (BIC); Castro do Facho de Donón (BIC); Conxunto Monumental de Darbo (formado pola Igrexa de Santa María -barroco S. XVII e XVIII-, fonte barroca e cruceiro); Conxunto Monumental de Hío (composto de a Igrexa de San Andrés, de orixe románica, o famoso e espectacular cruceiro e a casa rectoral); Excolexiata de Santiago de Cangas (S. XVI); Capela do (antigo) Hospital (S. XVIII); Igrexa de San Salvador de Coiro (S. XVII); Igrexa de San Cibrán de Aldán (Século XVI).
Marín: Petróglifos (15) (BIC); Igrexa de Santa María do Campo (románica); Castro de Porteliña.
Moaña: Petróglifos (BIC); Dolmen e mámoa de Chandarquiña; Castro de Montealegre; Torre de Meira; Igrexa de San Martiño (románico S. XII); igrexa de San Xoán de Tirán (románico S. XIII)

FESTEXOS MÁIS SONADOS:

Danzas Ancestrais de Darbo (Cangas) (08/09) [FIT] Danzas Ancestrais de San Roque de Hío (Cangas) (16/08) [FIT]
Danzas Ancestrais de San Sebastián de Aldán (Cangas) (20/01) [FIT] Semana Santa de Cangas [FIT]
Festa do San Martiño de Moaña (novembro) [FIT] Festa das Alfombras do Corpus, en Bueu [FIT]
Festa Degustación do Millo Corvo, Bueu (marzo) [FIT] Festa de San Miguel e Danza das espadas, Marín. [FIT]
Festa de San Martiño, de Bueu (11/11) Festival Intercéltico do Morrazo. Moaña
Festa de San Xulián, de Marín (xaneiro) Festa da Virxe do Carme, en Marín. (16/7)
Festa do Remedios, de Marín (setembro) Festa de San Miguel, en Marín. (29/9)

Escola Naval de Marín

Foto: propia

Vista de Bueu

Foto: Propia

Cruceiro e igrexa de Hïo (Cangas)

Foto: propia

Igrexa de Santiago - Cangas

Foto: Propia

Porto de Cangas

Foto: Propia

Rúa S. Xosé - Cangas

Foto: Propia

Paseo Marítimo e Capela do Hospital - Cangas

Foto: Propia

Praia de Rodeira - Cangas

Foto: Propia

Costa de Moaña

Foto: Propia

WEBS ALLEAS:

Concello de Bueu       Concello de Cangas       Concello de Moaña       Concello do Marín      

Retroceder                      Cerrar                      Seguir