canedo.eu
A comarca da capital está no medio da provincia lindando con outras 3 comarcas (Salnés, Caldas e Tabeirós) polo Norte, e coa de Vigo polo sur. Ao seu leste xa é provincia de Ourense e polo oeste ten a a ría do seu mesmo nome e a comarca do Morrazo.
Concellos | Superficie (KM2) | Habitantes (2019) | Habitantes (2021) | Nº de Parroquias |
---|---|---|---|---|
Barro | 37,60 | 3.623 | 3.622 | 6 |
Campo Lameiro | 63,80 | 1.778 | 1.769 | 6 |
Cerdedo-Cotobade(1)&sup> | 214,50 | 5.697 | 5.719 | 21 |
A Lama | 111,80 | 2.397 | 2.410 | 10 |
Poio | 33,90 | 17.073 | 17.230 | 5 |
Ponte Caldelas | 87,00 | 5.533 | 5.548 | 9 |
Pontevedra | 118,30 | 83.260 | 83.114 | 18 |
Vilaboa | 37,54 | 5.919 | 5.955 | 5 |
  TOTAIS | 704,44 | 125.280 | 125.367 | 80 |
(1).- Este concello, resultado da unificación no 2.016 dos concellos de Cerdedo e Cotobade, resulta ser agora (como se pode observar) o máis extenso de toda a comarca. En canto aos habitantes diremos que no 2015 Cerdedo tiña 1.828 e Cotobade, 4.327. |
XENTILICIOS DOS CONCELLOS: Barrés/barresa, barroso/barrosa; campolameirán/campolameirá; cerdedés/cerdedesa, cerdedense, cotobadés/cotobadesa; lameiro/lameira, lamoso/lamosa, lamense; poiense; pontecaldelán/pontecaldelá, caldelán/caldelá; pontevedrés/pontevedresa; vilaboés/vilaboesa.
PERFIL.- A comarca da capital provincial acolle toda a contorna de dita capital, agás Marín que pertence ao Morrazo. O seu escenario é o val baixo do Lérez e as serras circundantes. Ten 3 concellos de litoral e 5 de interior. É unha comarca de tipo funcional que xunta partes da histórica Terra de Montes, do Morrazo, do Salnés e do Lérez.
A capital, encaixada no esteiro da desembocadura do Lérez, é unha cidade administrativa, de servizos e turística. (A actividade industrial é moi relativa xa que, aínda tendo algunha actividade, acusa a proximidade de Vigo, centro industrial da provincia.) O seu casco histórico quizais sexa o segundo galego de importancia (despois do de Santiago). O seu nome (“Pontis Veteri” e antes “Ad Duas Pontes.”) evoca a importancia das pontes na súa historia e na actualidade (tanto as modernas como as históricas do Burgo ou de Ponte Sampaio, correspondéndose con vías actuais, rutas romanas, camiño de Santiago, etc.).
A comarca é variada e rica en natureza e monumentalidade. Temos praias de todo tipo aportadas polos 20 quilómetros de costa de Poio, arquitectura histórico-popular coma o conxunto de Combarro -con numerosos hórreos e cruceiros-, os petróglifos de varios lugares con especial coidado en Campo Lameiro (“Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre”), as paisaxes de transición montaña-costa de Ponte Caldelas, as praias fluviais en 3 ríos da Lama, a secuencia de muíños do río Barosa en Barro, a arquitectura popular (eiras, hórreos, pontes, casas, cruceiros, muíños, …) de Cerdedo-Cotobade, terra de canteiros, etc. Na costa hai 29 praias máis outras dúas fluviais.
Nesta comarca hai varios Polígonos Industriais, a saber, 3 en Pontevedra (O Campiño, O Vao e Xeve) e 1 en Barro (Sequeiros), Campo Lameiro (A Facha), A Lama (Racelo) e Ponte Caldelas (A Reigosa).
O Concello de Cerdedo-Cotobade pertence a dúas comarcas distintas: A parte do territorio do antigo Cerdedo correspóndese coa Comarca de Tabeirós-Terra de Montes e a do Cotobade con esta de Pontevedra.
Lugar celebración | Días de cada mes |
---|---|
A Lama | 26 |
O Campo (Campo Lameiro) | 4 e 20 |
Carballedo (Cerdedo-Cotobade ) | 2º venres |
Ponte Caldelas | 5 e 20 |
Pontevedra | 1 e 15 Mercado:1, 8, 15 e 23 |
DATOS MACROECONÓMICOS (2.018).- O PIB da comarca deste ano foi de 2.824.589 miles de €, equivalente a 22.615 €. por habitante. O sector considerado coma prioriario nese ano foi o da "Madeira, papel e mobles" o cal supuxo o 6,40 % do total comarcal.
Ver Cadro comparativo do número de empresas
MONUMENTOS.-
Barro: Igrexas de San Martiño de Agudelo (románica, s. XII) e Santa María de Curro (oxival, XVI).
Campo Lameiro: Pola súa profusión de petróglifos (hainos en 27 localizacións) foi erixido alí o “Parque arqueolóxico de arte rupestre”(BIC). Ademais son interesantes o Castro de Penalba (s. VIII-VII a. C., dos máis antigos de Galicia) e as igrexas románicas de Santa Mariña das Fragas (s. XII) e San Miguel do Campo (románica do XII con reformas renacentistas do XVII).
Cerdedo-Cotobade: Petróglifos (3 conxuntos no antigo conmcello de Cerdedo e 26 no de Cotobade) (BIC's), máis a igrexa románica de Santa María de San Xurxo de Sacos (s. XII), a neoclásica con fachada barroca de San Xoán Bautista de Cerdedo, a barroca do s. XVIII de San Pedro de Tenorio ou as tamén barrocas de San Martiño de Borela, de Rebordelo, de Almofrei e de Santa María de Aguasantas en Cotobade.
A Lama: Grabado Rupestre da Ermida de San Antonio (BIC); Ermida do Sagrado Corazón, no Monte do Castro, na Lama.
Poio: Hai os seguintes BIC's: o monumental Mosteiro de San Xoán de Poio (benedictino medieval hoxe rexido por frades mercedarios); varios Petróglifos (en 10 localizacións distintas) e o Conxunto histórico de Combarro (cos seus hórreos, cruceiros e rúas de ambiente mariñeiro).
Ponte Caldelas: Petróglifos (3) (BIC's).
Pontevedra: BIC's: Casco Antigo de Pontevedra (sempre ben cuidado); Ruinas do Convento de Santo Domingo; Convento Igrexa de San Francisco (franciscanos, s. XIV); Mosteiro benedictino de San Salvador de Lérez (fundado no X e restaurado no XVIII); Arquivo Histórico Provincial; Museo Provincial (antiga sede dos xesuitas); Basílica de Santa María a Mayor (gótica, renacentista e fachada plateresca, construida no s. XV polo gremio de mareantes); Santuario da Virxe Peregrina (barroco tardío con formas neoclásicas), Pazo de Lourizán coas súas 54 has. de xardíns, Monumento aos heroes de Pontesampaio -na Alameda de Pontevedra-
e Petróglifos (en 11 lugares). Débese considerar ademais a igrexa de San Bartolomé (barroco), o convento de Santa Clara (gótico do s. XIV); a Casa do Barón de Casa Goda (pazo renacentista do século XVI).
Vilaboa: Petróglifos (en 7 lugares) (BIC's) e vestrixios megalíticos pola Lagoa de Castiñeiras.
Feira Franca. Pontevedra (setembro) [FIT] | Festas de San Benitiño de Lérez. Pontevedra (11/7) [FIT] |
Festa do Caldo galego de Mourente (Pontevedra) (marzo) [FIT] | Festa da Troita, Ponte Caldelas (maio) [FIT] |
Entroido de Cobres (Vilaboa) [FIT] | Entroido e o loro Ravachol, en Pontevedra. |
Os Maios, Pontevedra (1/5) | Festas Patronais de San Isidro Labrador. Campo Lameiro (15/5) |
Festas Patronais de San Cristovo de Couso (Campo Lameiro) (xullo) | Festas Patronais de Santa Mª. de Muimenta (Campo Lameiro) (agosto) |
Santo Cristo de Xende (A Lama) | Romaria da Virxe das Ermitas, en Antas (A Lama) |
Festa da Troita, en Ponte Caldelas (maio) | Festa das Doores, en Ponte Caldelas (agosto) |
Festa do Requeixo de Corredoira (Cerdedo-Cotobade) (xuño) | Festa da Filloa. Valongo (Cerdedo-Cotobade) (agosto) |
Romaría de S.Xusto e Pastor, en S. Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade. |
WEBS ALLEAS:
Concello de Pontevedra Concello de Barro Concello de Campo Lameiro Concello de A Lama Concello de Ponte Caldelas Concello de Vilaboa Concello de Cerdedo-Cotobade