logo
canedo.eu

Comarca do Salnés

PROVINCIA    

C. Salnés

      LENDA   


Comarca eminentemente mariñeira xa que de 9 concellos hai un que é illa e outros 5 con saída ao mar, ben á ría de Arousa polo norte ou a de Pontevedra polo sur. Por terra (leste) raia coas comarcas de Caldas e Pontevedra.


Concellos e datos da Comarca do Salnés
Concellos Superficie 
(KM2)
 Habitantes 
(2019)
 Habitantes 
(2021)
Nº de
Parroquias
Cambados  23,44    13.721   13.673   5
O Grove  21,89     10.518    10.699   2
Illa de Arousa   6,91      4.932    4.951   1
Meaño   27,77    4.754    5.314   7
Meis   52,39    4.988     4.796   7
Ribadumia   19,71    5.105    5.157   6
Sanxenxo   45,08  17.414   17.635    9
Vilagarcía de Arousa  44,24   37.565   37.545    12
Vilanova de Arousa33,65  10.239    10.306   6
         TOTAIS 275,08 109.236  110.076 55

XENTILICIOS DOS CONCELLOS:
Cambadés/cambadesa; groveiro/groveira, grovense; arousán, arousá [aplicado tamén aos habitantes da bisbarra de Arousa]; meañés/meañesa; meisiño/meisiña, meisense; ribadumiense; sanxenxeiro/sanxenxeira; vilagarcián/vilagarciá; vilanovés/vilanovesa.

PERFIL.- O Salnés é a comarca do val do Umia, que percorre una depresión tectónica, enmarcada entre a beira sur da ría de Arousa e a beira norte da ría de Pontevedra, e cunha prolongación costeira rematada polo tómbolo da Lanzada e a península do Grove.
A maioría das comarcas están estruturadas en base a una vila (ou cidade) da que depende todo un territorio circundante; pero no caso do Salnés, aínda tendo una capital –que á vez é o maior referente comercial-, Vilagarcía, os centros neurálxicos están repartidos entre varias vilas. Así hai unha (Cambados) de tipo histórico e monumental; outra O Grove, pesqueira e turística e outra, Sanxenxo, totalmente turística. Coma eco desta distribución temos que nos concellos marítimos, con múltiple portos, os que destacan son o comercial de Vilagarcia, os dous pesqueiros de O Grove (O Grove e Meloxo) e os deportivos de Sanxenxo e Portonovo. Outra peculiaridade desta comarca é que os concellos máis meridionais están no aspecto socio-económico fortemente vencellados á capital Pontevedra.
A comarca conta cos seguintes Polígonos Industriais: Bamio, O Pousadoiro e Trabanca Badiña, en Vilagarcía; Baión, en Vilanova; o chamado do Salnés, entre Cambados e Ribadumia; o de Nantes, en Sanxenxo; os de A Cova e Vilanoviña, en Meis e o da Pedreira en Meaño.
É unha comarca rica en areais, máximo reclamo no verán, repartido entre as 29 praias de Sanxenxo [cuxa situación no mapa se pode ver aquí], as 51 de O Grove (no que se inclúe a Illa da Toxa; [Ver outro Mapa], as 17 de Cambados, as 20 de Vilanova de Arousa, as 8 de Vilagarcía de Arousa e as 63 da Illa de Arousa. Fan un total de 188 na comarca.
No interior da ría de Arousa, fronte á desembocadura do Ulla e pertencendo ao Concello de Vilagarcía, atópase o arquipélago de Cortegada, integrante do Parque Nacional das Illas Atlánticas. (Tamén nesa mesma ría está o arquipélago de Sálvora, pero este é da provincia da Coruña, concretamente do concello de Ribeira.)


FEIRAS DE MES

O Groveos venres
Meaño13 e 29
Mosteiro (Meis)9 e 14

DATOS MACROECONÓMICOS (2.018).- O PIB da comarca deste ano acadou a cantidade de 2.034.211 miles de €, o que supón 18.563 € por habitante. O sector considerado coma prioriario nese ano foi o da "Industria agroalimentaria" que representou un 5,20% do total comarcal.
Ver Cadro comparativo do número de empresas

MONUMENTOS.-
Cambados: Conxunto Histórico de Cambados; Ruinas da Igrexa Oxival de Santa Mariña Dozo; Torre de San Sadurniño; e o Pazo de Fefiñáns (coa ptaza, a atalaia Torre de Homenaxe, o arco-ponte e a igrexa de San Bieiio). Todo isto son BIC's. Ademais hai que reseñar a igrexa de San Francisco, o Pazo de Montesacro (no barrio mariñeiro), os Pazos de Bazán, Quintáns e dos Maza
O Grove: Torre de Escuredo -BIC-; Necrópolis de Adro Vello, xacemento con restos dos séculos III ata o VII.
Meis: Petróglifo da Armenteira e Mosteiro de Santa María de Armenteira (románico), ambos BIC's.
Meaño: Igrexas románicas de San Xoán de Meaño e Santa María de Simes; Pazos de Lis e de Zárate.
Meis: Igresia de San Salvador, románica en orixe e reconstrución barroca; Capela de San Antonio Abade, ermida rústica cerca do mosteiro da Armenteira.; Igrexa románica de Santa María do Mosteiro.
Ribadumia: Igrexa de Santa Baia, mestura de barroco e renacemento.
Sanxenxo: BIC's Torre da Lanzada e Pazo de Quintáns (Noalla). Ademais: Igrexas de San Pedro de Bordons (s.XVII), Santa María de Adina (románico do 1170), San Xinés de Padriñán (románica, no propio Sanxenxo) e ermida de Nosa Señora da Lanzada.
Vilagarcía de Arousa: Conta cos seguintes BIC's: Pazo de Vista Alegre (s. XV); Pazo do Rial (Vilaxoán) e Petróglifos (en 2 sitios). A maiores hai que ver tamén o Pazo de Rubiáns (sobre unha torre do s. XV da familia Caamaño cuxo membro D. García foi o fundador da cidade), o Pazo de Sobrán (sobre outra torre medieval de s. XV) e as igrexas de Santiago de Carril (s. XVII, con elementos renacentistas e barrocos), Santa Baia de Arealonga (barroca do s. XVII) e San Martiño de Sobrán (románica do s. XII, anexa ao Pazo do Lagar que antes fora mosteiro).
Vilanova de Arousa: Petróglifos Monte Lobeira; Pazo de Rua Nova (András); Pazo do Cuadrante; Torre de Miranda (Caleiro). Todos BIC.

FESTEXOS MÁIS SONADOS:

Festa do Albariño en Cambados (1º semana agosto) [FITI] Patronais de San Roque. Vilagarcía (Festa da Auga 16/8) [FITN]
Festa de Exaltación do Marisco. O Grove (1-12 Octubre) [FITN] Festa da Ameixa de Carril (Vilagarcía de Arousa) (agosto) [FIT]
Festa do Mexillón e do Berberecho. Vilanova de Arousa (agosto) [FIT] Festa da Vieira, Cambados (xullo) [FIT]
Semana Santa de Paradela (Meis) [FIT] Festas en honor a San Xenxo. Sanxenxo (agosto)
Festas da Nosa Señora da Lanzada (Sanxenxo) (agosto)Festas de San Roque en Portonovo (Sanxenxo)
Festa de Santa Rosalía en Sanxenxo (septembro)

Praia de Silgar - Sanxenxo

     Foto: propia



Porto Deportivo - Sanxenxo

     Foto: propia

Nosa Sra. da Lanzada - Sanxenxo

     Foto: propia

Praia da Lanzada - O Grove

     Foto: Propia

Porto do O Grove

     Foto: Propia

Igrexa de San Vicente do Grove

     Foto: Propia

Praza e Pazo de Fefiñáns - Cambados

     Foto: Turismo.gal - Xunta

Mosteiro da Armenteira - Meis

     Foto: Agader - Xunta de Galicia

Pazo O Rial - Vilagarcía de Arousa

     Foto: turismo.gal - Xunta de Galicia

Burgo mariñeiro de Vilaxoán - Vilagarcía de Arousa

     Foto: turismo.gal - Xunta de Galicia

WEBS ALLEAS:

Concello de Vilagarcía de Arousa            Concello de Sanxenxo           Concello de Cambados         Concello de Vilanova de Arousa             Concello de Meaño            Concello de Ribadumia         Concello de Meis                 Concello da Illa de Arousa      

Retroceder                      Cerrar                      Seguir