logo
canedo.eu

Comarca do Deza

PROVINCIA    

C. Deza

      LENDA   


A situación xeográfica desta Comarca é única en toda Galicia. Semella coma un pivote con todo o resto de Galicia ao seu derredor. Situada nun saínte nor-leste da provincia de Pontevedra limita, ao norte, leste e sur, respectivamente, coas provincias da Coruña, Lugo e Ourense ao tempo que polo oeste linda co resto da propia provincia de Pontevedra. É, ademaís, a comarca de Pontevedra de máxima extensión.

Situación Deza
Concellos e datos da Comarca do Deza
Concellos Superficie 
(KM2)
 Habitantes 
(2019)
 Habitantes 
(2021)
Nº de
Parroquias
Agolada   147,85   2.304   2.228  24
Dozón     74,20   1.073    1.057    8
Lalín    326,8320.207 20.199   48
Rodeiro   154,90    2.393   2.361  20
Silleda   168,00    8.861   8.845  33
Vila de Cruces   154,50   5.208   5.097  28
      TOTAIS 1.026,28     40.046  39.787 161

XENTILICIOS DA COMARCA E DOS CONCELLOS:
Dezao/dezá.
Agoladés/agoladesa, aqualatense; castrexo/castrexa [de Castro Dozón]; lalinés/lalinesa, lalinense; rodeirao/rodeirá, cambote/cambota [polo val de Camba]; silledense; carbiao/carbiá [por Carbia, nome antigo do Concello], crucense.

PERFIL.- Comarca histórica que xa antes da implantación das comarcas administrativas se chamaba “País de Deza”. Está situada nunha ampla depresión xeográfica no tramo medio do río Ulla no que desembocan os ríos Deza -cos afluentes Asneiro e Toxa- e Arnego. Historicamente o País estaba constituído por varios señoríos (Camba, Dozón, Carbia, Valquireza, Deza, Trasdeza, etc.) algúns pertencentes as dioceses de Lugo e Santiago. Nalgúns momentos houbo enfrontamentos entre os diversos señores (Churruchaos de Deza, Arcebispo de Santiago, Conde de Lemos, …)
No medievo estaba inzada de mosteiros sobresaíndo o de San Lourenzo de Carboeiro.
Hoxe é unha comarca das máis prósperas de Galicia na que atopamos explotacións gandeiras modernizadas, unha potente industria agro-alimentaria, metalurxia, construción, confección, etc. En Silleda está o amplo recinto da chamada Feira Internacional de Galicia (onde se celebra a Semana Verde de Galicia). En Lalín, cabeceira e centro xeográfico da Comarca, radican dous polígonos industriais, Botos e Lalín 2000. Así mesmo, Silleda conta cos Polígonos Industriais de Área 33 e Chapa, Rodeiro co de A Devesa e Agolada con outro máis.
No Concello de Lalín está situado o Monumento Natural da Fraga de Catasós (declarado Monumento Natural no ano 2000 pola Xunta) e no de Silleda a Fervenza do Toxa (a de caída libre máis alta de toda Galicia, 70 m.), a Fervenza do Férveda, o Mosteiro de Carboeiro e o Santuario da Saleta.
Lalín é o concello máis grande da provincia e segundo o matemático lalinense José Rodríguez González o centro xeográfico de Galicia está nese concello, na parroquia de Bermés.


FEIRAS DE MES

Lugar celebraciónDías de cada mes
Agolada 12
A Gouxa (Dozón) 11 e 21
Lalín3 e 18
Río (Rodeiro) 15
Rodeiro 28
Silleda6 e 23
Bandeira (Silleda)14 e 29
Vila de Cruces4 e 17

DATOS MACROECONÓMICOS (2.018).- O PIB da comarca deste ano foi de 781.778 miles de €, o que supón 18.253 € por habitante. O sector considerado coma prioriario nese ano foi o primario cun 16 % do total comarcal.
Ver Cadro comparativo do número de empresas

MONUMENTOS.-
Agolada: Petróglifos (en 3 sitios) -BIC-; Antigo mercado popular -BIC- (son uns 70 pendellos de pedra, típicos da arquitectura popular); Pazo dos Salgados; Igrexas románicas ee San Cristovo de Borraxeiros, San Martiño de Ramil, San André de Órrea, Berredo (s. XIII), Ferreiroa (s. XI) e Ventosa (s. XIII); igrexas barrocas de Santa María de Val de Sangorza, Vilariño e Brantega; poboados castreños de Bruxel e Marcelino.
Dozón: Igrexa de San Pedro de Vilanova (de estilo románico de mediados do s. XII que é o que queda dun mosteiro de monxas bieitas); Igrexa de Santa María de Dozón, Os Castros, Dozón.
Lalín: Igrexa románica de Santa María de Donramiro; Igrexa románica de San Martiño de Lalín de Arriba; Santuario do Corpiño, Santa Baia de Losón, Lalín; Museo Municipal Ramón Mª Aller; Pazo de Liñares (Prado) -BIC-; Petróglifo "Altar do Sol" -BIC-.
Rodeiro: Torre de Guillar -BIC-; Ermida de Monte Faro (no linde das provincias de Lugo e Pontevedra); Igrexas de San Xiao de Pedroso, de Rodeiro e de San Martiño de Asperelo; Igrexa e Casa Fortaleza de San Xoán de Camba; Castros de Cantelle e Baroncelle; Mámoa do Coto dos Mouros (en Salto).
Silleda: Destaca a xoia arquitectónica do Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, obra da Orde Benedictina, iniciada no s. X, con posterior mestura de románico e gótico. Está cualificado coma BIC igual ca os Petróglifos do Castro Primadorna; a Torre de Cira e a Fortaleza de Chapa. Ademais podemos reseñar o Santuario da Saleta e a igrexa de San Pedro de Ansemil que conserva elementos románicos e protorrománicos. Tamén ten elementos románicos a igrexa de Santiago de Taboada (s. XIII).
Vila de Cruces: Hai 8 petróglifos clasificados coma BIC's. Conta ademais coa igrexa de San Salvador de Camanzo, do ano 1166, pertencente ao desaparecido Mosteiro de Camanzo. Outra estrutura -que une este concello co de Boqueixón (na Coruña)- é a Ponte Ledesma, que cruza o Ulla e que é dos ss. XVI-XVII.

FESTEXOS MÁIS SONADOS:

Feira do Cocido en Lalín (domingo anterior ao entroido) [FITI] Romaría do Corpiño. Santa Eulalia de Losón (Lalín) (23 e 24/6) [FIT]
Festa da Empanada. Bandeira (Silleda) (agosto) [FIT] Romaría da Tortilla de Laro (Silleda) (agosto) [FIT]
Festa Gastronómica do Galo de curral. Vila de Cruces (finais de maio) [FIT] Entroido (Desfile e Alto dos Xenerais), en Silleda
Festa da Castaña. Vila de Cruces (novembro) Festa do Chourizo. Vila de Cruces (febreiro)
Entroido (Altos dos Xenerais), en Vila de CrucesFesta Medieval de Agolada (agosto)
Rally do Cocido, en Rodeiro (marzo)Feira do Cabalo, en Lalín (abril)
Festas Patronais das Dores. Lalín (setembro)
Igrexa do Mosteiro de Carboeiro

   Foto: propia

Fervenza do río Toxa

   Foto: propia

San Pedro de Ansemil

   Foto: propia

Igrexa da Ventosa - Agolada

   Foto: propia

Pendellos de Agolada

   Foto: Agader-Xunta

Aldea de Ameixedo (Lalín) na Serra do Candán.

   Foto cedida por Rutea

Igrexa parroquial de Lalín

   Foto: propia

Escultura "Pelexa de cabalos" - Lalín

   Foto: propia

WEBS ALLEAS:

Concello de Agolada       Concello de Dozón       Concello de Lalín          Concello de Rodeiro       Concello de Silleda          Concello de Vila de Cruces      

Retroceder                      Cerrar                      Seguir