logo
canedo.eu

Comarca de Caldas

PROVINCIA    

C. Caldas

      LENDA   


Ao norte (río Ulla por medio) limita coa provincia da Coruña, ao leste coa comarca de Tabeiros-Terra de Montes, ao sur coa de Pontevedra e a o Oeste coa Comarca do Salnés máis un pequeno litoral á ría de Arousa.


Concellos e datos da Comarca de Caldas
Concellos Superficie 
(KM2)
 Habitantes 
(2019)
 Habitantes 
(2021)
Nº de
Parroquias
Caldas de Reis    68,16    9.775    9.788     9
Catoira   29,44     3.331    3.316   4
Cuntis   79,80     4.665    4.643    8
Moraña  41,30    4.147     4.121   9
Pontecesures    6,70     3.053     3.081   1
Portas  22,60   2.906     2.860    4
Valga   40,60   5.824     5.768    5
          TOTAIS 288,60 33.701   33.577   40

XENTILICIOS DOS ANTERIORES CONCELLOS: Caldense; catoirán/catoirá , catoirense; cuntense; morañés/morañesa; cesurés/cesuresa; portés/portesa, portense; valgués/valguesa.

PERFIL.- Xeograficamente esta comarca ten dous escenarios distintos: ao norte, o esteiro e o val do Ulla (río que roza os concellos de Pontecesures, Valga e Catoira) e no centro e no sur o curso do Umia (concellos de Cuntis, Moraña, Caldas de Reis e Portas. Toda ela está inzada de veigas fértiles que se van sucedendo ata chega ao mar. (O río Umia despois de Portas pasa ao Salnés e desemboca entre Cambados e Ribadumia.)
Administrativamente é unha comarca funcional centrada na vila de Caldas de Reis. Este apelativo “de Reis”, sucesor do medieval Caldas de Rex, obedece, a que alí, en 1105, naceu o que co tempo sería o emperador Afonso VII de León. Esta vila, cruce vetusto de camiños naturais, foi potenciada polos romanos polos seus mananciais de augas termais, circunstancia que se repite na veciña vila de Cuntis.
No val do Umia, a parte das zonas balnearias de Caldas e Cuntis, dominan as actividades agropecuarias e forestais e no conxunto comarcal sucédense diversas industrias (algunhas moi importantes) dos sectores lácteo, madereiro, cerámico, metalúrxico, etc.
Hai un Parque Empresarial en Catoira e Polígonos Industriais en Caldas, Cuntis (A Ran) e 3 en Moraña (Afieiras e Mirallos).
No século XV o porto de Pontecesures era o único porto da ría de Arousa habilitado para barcos de carga. Estaba considerado coma o “porto de Compostela”.


FEIRAS DE MES

Lugar celebraciónDías de cada mes
Caldas de Reis luns
Cuntis 22

DATOS MACROECONÓMICOS (2.018).- O PIB da comarca deste ano foi de 575.082 miles de €, o que supón 16.762 € por habitante. O sector considerado coma prioriario nese ano foi o de "Metalurxia e produtos metálicos, electrónicos, eléctricos e maquinaria" que representou un 8,70 % do total comarcal.
Ver Cadro comparativo do número de empresas

MONUMENTOS.-
A vila de Caldas, a Aquis Celenis dos romanos, ten unha fonte emblemática, a Burga, reconstruida en 1881 en pleno casco histórico, da que mana auga a uns 50º. Así mesmo, coma vestixio do seu pasado conserva dúas pontes de orixe romana: a ponte Bermaña, do s. I, no centro da vila, e a ponte de Segade, tamén do s. I, a dous Kms.
En Catoira, á beira do Ulla, atopamos os restos ds Torres do Oeste (Castellum Honesti), fortificacións da Mitra de Santiago para evitar o ascenso polo río de piratas normandos e sarracenos. Tamén, na desembocadura do río Catoira, no lugar de Machón, pódense ver os restos dun muiño de mareas coñecido polo nome do lugar ou polo de Muíño do Cura.
En Pontecesures consérvase unha ponte de 10 arcos sobre o río Ulla (linde das provincias de Pontevedra e A Coruña) procedente dos romanos con remodelacións, unha delas do Mestre Mateo no s. XII. Nese mesmo concello pódese ver tamén a capela románica de San Xulián de Requesón.
Na parroquia de Xanza, en Valga, está a igrexa de Santa María, románica, construída pola arcebispo Diego Xelmirez no s. XI. E na parroquia de Campaña, do mesmo Concello, a igrexa de Santa Cristina, tamén románica da mesma época.
A comarca é moi rica en grabados rupestres presentes en Caldas de Reis ("Outeiro da Xesta"), Catoira (en 4 lugares), Cuntis (en 5), Moraña (en 7) e Valga ("Campo Redondo"). Todos eles, igual que as Torres do Oeste, están cualificados coma BIC's.


FESTEXOS MÁIS SONADOS:

Romaría Vikinga en Catoira (1º domingo de xullo) [FITI] Festa do Carneiro ó espeto en Moraña (último domingo de xullo) [FIT]
Festa do Lacón con grelos. Cuntis (domingo seguinte o do entroido) [FIT] Festa Da Anguía a Mostra da caña do País. Valga (finais agosto) [FIT]
Belén artesanal de Valga. (Nadal) [FIT] Festa da Empanada de Millo. Valga (en Corpus)
Rapa das bestas en Amil (Moraña)Festa do Porquiño á brasa, en Amil (Moraña) (Agosto)
Romaría da Virxe dos Milagros, en Amil (Moraña) (Setembro)Festa do Glorioso San Roque, en San Martiño de Laxe (Moraña) (Agosto)
Romaría de San Cibrán (Catoira)Patronal de San Miguel de Catoira (29/9)
Festa de San Brais, en San Clemente (Caldas de Reis) San Roque, en Caldas de Reis (15-18/8)


Torres de Catoira

   Foto: Agader - Xunta de Galicia

Desembocadura de Ulla en Pontecesures

   Foto: Agader - Xunta de Galicia

Ponte - Catoira

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta

Capela de San Pedro Mártir - Portas

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta

Igrexa de Santa María - Cuntis

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta

Balneario - Caldas de Reis

   Foto: Turismo de Galicia - Xunta

WEBS ALLEAS:

Concello de Caldas de Reis       Concello de Catoira       Concello de Cuntis       Concello de Moraña       Concello de Pontecesures       Concello de Valga      

Retroceder                      Cerrar                      Seguir