MEMORIA DE OURENSE    


Rúa de Alba




(Ano de 1867)

Despois de aberto o Progreso, ós catro anos, a primeira rúa "moderna" foi a adicada hoxe ó Cardeal D. Fernando Quiroga Palacios.

Era unha rúa que enlazaba a antigua ubicación da porta da Corredoira ca recén aberta rúa do Progreso. Viña ser unha paralela da rúa de San Miguel, pero inda sin conexión entre elas xa que o actual Paseo tardaría seis anos en abrirse.

Uns veciños regalaron os terreos para abrila e, con ese motivo, pensouse en chamala Rúa do Favor, pero ó final quedoulle o nome de Alba por asentar nela, facendo esquina coa Praza do Ferro, a monumental Casa da Misa de Alba, nome atribuido popularmente por residir alí unha Fundación que organizaba a misa de Alba da Catedral.

Máis tarde chamouse de Luis Espada e, logo, sucesivamente (en consonancia co curriculum de D. Fernando), foi sendo Obispo/Arzobispo/Cardenal Quiroga.

Dende Abril do 2010 o tramo inferior leva o nome de Alejandro Outeiriño Rodríguez, presidente do xornal "La Región".



Anterior Índice Seguinte

© M.D.Q.-2007