Pon o móvil
en horizontal.
Por favor
![]() |
![]() |
TEMAS DE CANEDO |
![]() |
|
|
|
Os comerciantes e os políticos de Ourense, sempre celosos deste Concello veciño, volveron retomar a idea da anexión. En 1926 conseguiran formar unha comisión mixta Ourense-Canedo a cal fixara as bases para unha posible fusión, pero un levantamento popular fixo que se esquecera o tema. Acabada a guerra, en 1940 impúxose una anexión. Esta pasou por diversos avatares e foi derogada, pero o Gobernador Civil tomou cartas no asunto e prepararon outra que se materializou en 1943. Os documentos (dos que máis abaixo ofrezo algunhas mostras) aparentan unha escrupulosa legalidade, pero o que nos mostran é a Historia oficial. A Historia oculta fala de relevo da alcaldía polo dictado do Gobernador, de imposicións das autoridades e de un pobo que, se ben tiña uns plazos legais para facer as reclamacións que considerase oportunas, non estaba en condicións de facelo.
Naquel momento o Concello de Ourense víu incrementado o seu territorio, non só cos vilares de A Ponte e os de As Caldas (Parroquia de Santiago das Caldas), senón tamén cas seguintes parroquias rurais:
O Castro de Beiro (Santo André),
Hoxe, despois de tantos anos de vida en común e, sobre todo, ca mentalidade integradora e unionista dos tempos actuais (fronte ó gusto polos localismos dos tempos pasados), sería un absurdo pretender volver cara atrás a actuación política daquel momento, por moito que daquela fose unha cacicada e unha imposición. Sen embargo, o que non nos pode impedir ninguén é que sigamos pensando que Canedo existe. Xa non será unha unidade administrativa nin terá personalidade xurídica, pero segue a ser unha bisbarra xeográfica real e un territorio específico na lembranza de moita xente.
Anexos:
Acta Concello de Ourense (1943)
![]() |
![]() |
ESTACIÓN DO FF.CC. Nos letreiros puña "Orense", pero estaba situada no Concello de Canedo. Didiante pódense ver os "carritos" que levaban á xente á capital. |
BALNEARIO DE AS CALDAS Hoxe está totalmente derrubado. O único que actualmente se ve no lugar son perpiaños e cachotes das paredes tirados polo chan e as correntías duns mananciais de auga quente medicinal. (Ver) |
![]() Preme no mapa para amplialo |